RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Alberto Sánchez, traspasado ao Ourense CF

DÉPOR · 15 XULLO 2025

ALBERTO SÁNCHEZ, TRASPASADO AO OURENSE CF

O RC Deportivo e o Ourense CF alcanzaron un acordo para o traspaso do gardameta Alberto Sánchez. Na operación, o club branquiazul resérvase unha porcentaxe en caso dunha futura venda.Desde o RC Deportivo queremos agradecerlle a Alberto o seu compromiso, a súa dedicación e o seu traballo durante todos estes anos como parte de #ANOSACANTEIRA. A súa evolución e profesionalidade foron sempre un orgullo para o Club.Desexámoslle toda a sorte e o maior dos éxitos nesta nova etapa en Ourense. O Dépor será sempre a súa casa.