
DÉPOR · 28 AGOSTO 2026
ALTA CARGA TÁCTICA NUNHA NOVA SESIÓN DE OS NOSOS NO DÉPOR TRAINING CENTER
Achégase o partido ante o Valencia CF deste domingo 30 de agosto ás 19:30 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR e Os Nosos aumentan a carga táctica conforme avanzan as xornadas.Este venres 28 de agosto, tras unha activación con rondos, Antonio Hidalgo dispuxo unhas finalizacións, un exercicio táctico cun partido e un ensaio de accións a balón parado, ambas as tarefas no campo 2 do complexo deportivista.Todo o cadro de xogadores estivo sobre o céspede agás o canteirán Noé, que se recupera dunha escordadura de nocello.Este sábado 29 de agosto o Dépor completará ás 10:30 a última sesión de adestramento no Dépor Training Center antes do encontro ante o Valencia CF.

O RC Deportivo e os representantes da afección alcanzan un ac...

A RC Deportivo Fundación organiza un obradoiro para potenciar...

Os despachos de billetes do Palacio de los Deportes de Riazor...

Alberto Rodríguez: "Xogamos en ABANCA-RIAZOR, que é unha baza...

Un Fabril "expectante co que nos imos atopar" comeza a liga e...

Un Dépor ABANCA «desexando que arranque a liga» estréase este...




