RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Antonio Hidalgo cre que o Dépor "fixo un partido moi interesante con balón, sen balón. Concedemos moi pouco"

DÉPOR · 31 AGOSTO 2026

ANTONIO HIDALGO CRE QUE O DÉPOR "FIXO UN PARTIDO MOI INTERESANTE CON BALÓN, SEN BALÓN. CONCEDEMOS MOI POUCO"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que os 3 puntos ante o Valencia CF «dannos esa tranquilidade, esa pausa, sobre todo polo como, por como estivo o equipo. Fixo un gran partido, especialmente na primeira parte. Foi quen de asentarse en campo rival, atopar o home libre... Estou contento polo partido, sabendo que isto é moi longo, complicado, pero é unha vitoria moi bonita».O técnico deportivista salienta os 3 puntos, que «ao final é do que vai isto, nun partido moi traballado, nunha situación na que merecemos a vitoria. A partir de aí, sabendo da dificultade da Primera División, cada erro penalízate, tes que estar moi axustado porque os rivais vanche cambiando o sistema. Nós temos que ir cambiando cousas. Queda moito por diante e agora só queda descansar e pensar no seguinte».Insiste en que o Dépor «fixo un partido moi interesante con balón e sen balón. Concedemos moi pouco, especialmente na primeira parte. Estivemos moi axustados na presión, fomos quen de atopar superioridades, pero isto é longo, son só 3 puntos e hai que pensar no seguinte».

Real Club Deportivo de La Coruña