
DÉPOR · 15 SETEMBRO 2026
ANTONIO HIDALGO QUERE «POÑER EN VALOR O QUE ESTAMOS FACENDO», CON 5 PARTIDOS SEN PERDER; PERO ADVIRTE DE QUE «ISO XA NON VOLVE, ISO XA PASOU»
Antonio Hidalgo quixo este martes 15 de setembro na sala de prensa do Dépor Training Center "poñer en valor o que estamos facendo" despois das 5 primeiras xornadas sen coñecer a derrota en LaLiga EA Sports.Iso si, advirte que "iso xa non volve, iso xa pasou. Hai que centrarse no seguinte. O máis inmediato é o partido de mañá mércores contra un gran equipo, que comezou a un altísimo nivel, que nos vai esixir moitísimo. Veñen facendo as cousas moi ben. Teñen un patrón de xogo moi marcado polo seu adestrador".Do Sevilla FC, rival este mércores 16 de setembro ás 19:00 (Dazn en aberto) en ABANCA-RIAZOR, tamén destaca a súa "intensidade moi alta, a presión moi alta. Isto fala moi ben do traballo do seu adestrador".Despois de dirixir unha temporada o filial sevillista na temporada 2022-23, "sei moi ben o xene competitivo que ten o Club. Estanllo imprimindo cada vez máis. É unha alegría que lles vaia moi ben".Por conseguinte, o técnico deportivista pide "sufrir os momentos que teñamos que sufrir, atopar as debilidades do rival, como as teñen todos os equipos, e ir traballando o partido".Finalmente, con 2 partidos consecutivos esta semana en ABANCA-RIAZOR ante o Sevilla FC e o Real Betis (domingo 20), Antonio Hidalgo subliña que "axuda moitísimo, con ANOSAFORZA, empurrando. Sentilos preto cando as cousas non van tan ben no partido dános un plus. Temos ganas de telos preto, que xa hai 3 semanas que non estamos xuntos. Temos ganas de competir xuntos".

Nova xornada de portas abertas no Dépor ABANCA para nenas nac...

O Infantil superou ao San Tirso SD Infantil na primeira xorna...

Un Dépor "nun bo momento" pero que puido "adestrar moi pouco ...

Este mércores 16 de setembro abre a OAD de 12:00 a 16:00; e o...

España, coas deportivistas Marisa e Ainoa Gómez, mídese este ...

Definidos os horarios dos próximos partidos do Fabril en Prim...