
DÉPOR · 29 AGOSTO 2026
ANTONIO HIDALGO SALIENTA O «VOLVER ESTAR XUNTOS E, SOBRE TODO, GOZAR, QUE O MERECEMOS MOITO»
Antonio Hidalgo manifestou este sábado 29 de agosto, tras o acordo acadado este venres 28 entre o Club e os representantes da afección, que "é unha alegría ter a todo o mundo unido. Agardamos mañá telos preto, volver estar xuntos e, sobre todo, gozar, porque o merecemos moito. O ano pasado fixemos un traballo brutal para poder chegar á Primera División e agora o máis importante é gozalo".O técnico deportivista subliña que "agora teremos o apoio que sempre tivemos e unha alegría moi grande".Lembra que a unión "é o que nos fixo poderosos, fortes. É o sentimento do deportivismo. Estou moi contento de volver sumar xuntos. É unha ilusión grande para todos e é o que todos queriamos".O preparador blanquiazul márcase como obxectivo "gañar. Isto vai de gañar. Hai diferentes maneiras de facelo. O nivel na Primera División aumentou. Agora estamos nese proceso de atopar un equilibrio entre o ataque e a defensa. O problema é que na pretemporada non tivemos dispoñibles os mediapuntas nin a xente de fóra; e non puiden facer todas as probas que me gustaría nese tramo. Co balón hai que mellorar, a solidez máis ou menos estámola tendo, pero nese caudal ofensivo temos que mellorar".Co Valencia CF como rival este domingo 30 de agosto ás 19:30 (Dazn), Antonio Hidalgo advirte que "os equipos de Corberán (técnico valencianista) son equipos moi ben traballados, con moitísimas variantes. Foron cambiando posicións e iso dificulta saber que tipo de partido podemos agardar. Están tendo baixas, pero están traballando moi ben. Fixeron partidos correctos ante rivais con moita identidade como Betis e Celta. Non puideron sumar de 3, como todos queremos. Agardamos un partido igualado. Hai que intentar levalo ao noso terreo o maior número de veces posible e ser superiores nas parcelas nas que nós queremos selo".

Mauro Valeiro conquista coa selección española sub-18 o Torne...

Resultados deste sábado 29 en ANOSACANTEIRA e calendario dest...

El Fabril cae en Mérida por unha acción a balón parado no min...

Este domingo 30 de agosto abren os despachos de billetes do P...

As Nosas adéstranse de novo este domingo 30 de agosto ás 11:0...

Un Dépor ABANCA que "fixo moitas cousas ben para gañar" arrin...