
DÉPOR · 4 XULLO 2025
ARNAU COMAS REFORZA A ZAGA DO DÉPOR ATÉ 2028
Arnau Comas Feixas (Cassá da Selva, Girona, 11 de abril de 2000) reforza a zaga do RC Deportivo. O central catalán asinará polo Club até xuño de 2028.Arnau Comas procede do FC Basilea, co que se proclamou campión de liga e Copa. No club suízo disputou un total de 43 partidos entre a temporada 2022-23 e a 2024-25. Ademais, marcou con tres goles e deu unha asistencia. Os seus encontros co Basilea repártense entre Súper League (25 partidos), Copa de Suíza (4 partidos), Fase de Clasificación para a Conference League (8 partidos) e Conference League (6 partidos).O pasado mes de xaneiro, foi cedido á SD Eibar de LaLiga Hypermotion para disputar a segunda volta da competición. No conxunto armeiro participou en 9 encontros.Arnau Comas chegou a debutar coa selección Sub-21 en partido disputado o 18 de novembro de 2022 contra Xapón.Formado nas categorías do FC Barcelona, proclamouse campión da UEFA Youth League co conxunto azulgrana xuvenil.

O Dépor ABANCA entra na recta final da pretemporada

Derrota pola mínima ante o Real Madrid CF dun Dépor ABANCA "c...

Resultados dos amigables da semana en ANOSACANTEIRA, este dom...

Antonio Hidalgo advirte que agora en LaLiga EA Sports "temos ...

O Dépor, consciente da dificultade do que vén por diante, reg...

As billeteiras do Palacio dos Deportes de Riazor abren este l...