
DÉPOR ABANCA · 28 XUÑO 2025
AS NOSAS COMEZAN A PRETEMPORADA O 14 DE XULLO EN ABEGONDO
As Nosas xa teñen data para o inicio da pretemporada. As futbolistas citadas teñen que presentarse o luns 14 de xullo na Cidade Deportiva.As xogadoras branquiazuis serán sometidas ás probas rutineiras a cargo dos Servizos Médicos do RC Deportivo ese mesmo día 14 e o martes 15 en Abegondo. O mércores 16, Fran Alonso dirixirá o primeiro adestramento en campo.Calendario de Liga F o martes 1 de xulloO calendario do Dépor ABANCA en Liga F farase público o martes 1 de xullo a partir das 20:00 horas nun evento que a RFEF organizou na localidade abulense de San Juan de la Nava.Os rivais das branquiazuis serán esta temporada estes equipos: Alhama CF, Athletic Club, Atlético de Madrid, FC Barcelona, DUX Logroño, SD Eibar, RCD Espanyol, Granada CF, FC Levante Badalona, Levante UD, Madrid CFF, Real Madrid, Real Sociedad, Sevilla FC e UD Costa Adeje Tenerife Egatesa.A competición arrinca o 30 ou 31 de agostoO Dépor ABANCA comezará a Liga F a fin de semana do 30 e 31 de agosto segundo o calendario de datas de competición aprobado pola Asemblea Xeral e ratificado polo Presidente da RFEF.A última xornada de competición (30ª xornada) está prevista para o 31 de maio de 2026.As Nosas pecharán a liga en 2025 (xornada 14ª) o 13 ou 14 de decembro e renovarana no novo ano o 10 ou 11 de xaneiro.Finalmente están previstos 6 fins de semana sen Liga F por ser datas FIFA de seleccións nacionais: 25 e 26 de outubro; 29 e 30 de novembro; 28 de febreiro e 1 de marzo, e 7 e 8 de marzo; e 11 e 12 ademais de 18 e 19 de abril.

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...

O Dépor Genuine conclúe unha nova Liga Genuine Moeve marcada ...

O Dépor ABANCA xa coñece aos seus rivais na súa terceira temp...

O Dépor xa coñece o camiño no seu regreso á elite

Emotiva primeira xornada do Dépor Genuine na fase final de La...

Resultados deste sábado 20 e calendario do domingo 21 de xuño...