RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Asignación directa das entradas para o Villarreal CF - RC Deportivo

DÉPOR · 31 AGOSTO 2026

ASIGNACIÓN DIRECTA DAS ENTRADAS PARA O VILLARREAL CF - RC DEPORTIVO

Unha vez finalizado o período de solicitude de entradas para o partido que o Dépor disputará ante o Villarreal CF este sábado 5 de setembro ás 21:00 horas no Estadio de La Cerámica, o Club rexistrou peticións para un total de 523 localidades.Ao non superarse a cota de 534 entradas postas á disposición dos abonados e abonadas, todas as solicitudes correctamente formalizadas serán atendidas, polo que non será necesario celebrar un sorteo.Os abonados e abonadas disporán ata o vindeiro mércores 2 de setembro, ás 18:00 horas, para completar a compra das entradas asignadas, cun prezo de 30 euros cada unha.Como é habitual, o Club comunicará directamente por correo electrónico aos solicitantes as instrucións necesarias para formalizar a compra dentro do prazo establecido.A entrega das entradas realizarase presencialmente en Villarreal. O lugar e a hora concretos de recollida comunicaranse nos vindeiros días.