
DÉPOR · 27 AGOSTO 2026
COCA-COLA E O RC DEPORTIVO RENOVAN A SÚA ALIANZA PARA A TEMPORADA 2026-27
O Real Club O Real Club Deportivo da Coruña e Coca-Cola Europacific Partners Iberia (CCEP Iberia) renovaron o seu acordo de patrocinio para a temporada 2026-27.Deste xeito, Coca-Cola, Powerade e Aquarius, marcas de The Coca-Cola Company comercializadas en España por CCEP Iberia, continuarán vinculadas ao Club como marcas patrocinadoras e bebidas oficiais.A renovación dará continuidade a unha colaboración baseada en valores como o esforzo, o traballo en equipo e a capacidade do deporte para unir as persoas.Tamén permitirá seguir xerando experiencias para a afección e reforzando a relación entre o Club, Coca-Cola e a comunidade deportivista.Unha alianza vinculada a GaliciaO RC Deportivo é un dos grandes sinais de identidade da Coruña e de Galicia. Coca-Cola mantén tamén unha estreita relación co territorio, especialmente significativa no ano no que a súa fábrica coruñesa cumpre 65 anos.A compañía desenvolve ademais en Galicia iniciativas sociais e ambientais como Mares Circulares, Hostelería #PorElClima, GIRA Mujeres ou GIRA Jóvenes, vinculadas á protección da contorna, á sustentabilidade e á mellora de oportunidades."Estamos moi satisfeitos de seguir contando con Coca-Cola durante unha nova temporada. Compartimos valores como o esforzo, o traballo en equipo e a proximidade ás persoas, e esta renovación permitiranos seguir ofrecendo novas experiencias á nosa afección”, sinalan no RC Deportivo."Continuar xunto ao Dépor significa seguir acompañando un dos grandes símbolos da Coruña e de Galicia. Queremos compartir co Club e coa súa afección os valores do deporte e seguir contribuíndo, de maneira responsable e sostible, ao desenvolvemento desta comunidade”, afirma Javier Losada, Xestor de Comunicación de Coca-Cola Europacific Partners.

Mauro Valeiro disputou a recta final da segunda vitoria da su...

Empate entre o Xuvenil B e o Real Oviedo B no único amigable ...

Adriana Ranera: "Creamos un grupo moi potente, sobre todo con...

Manuel Pablo advirte de que "vannos esixir moito todos os riv...

Primeiro adestramento no Dépor Training Center de Adama Traor...

Yayo González, novo xogador do Fabril