
DÉPOR · 17 SETEMBRO 2025
DAVID MELLA REPRESENTARÁ AO RC DEPORTIVO NO MUNDIAL SUB-20 DE CHILE
David Mella Boullón (Santiago de Compostela, 23 de maio de 2005) foi convocado pola selección española sub-20 para disputar o Campionato do Mundo Sub-20 en Chile do 27 de setembro ao 19 de outubro.O canteirán deportivista incorporarase á concentración do equipo nacional este luns 22 de setembro para viaxar xa ao país suramericano.Os rivais na Primera Fase serán Marrocos, México e Brasil, con este calendario:Domingo 28 de setembro22:00 (hora galega): MARROCOS - ESPAÑA, no Estadio Nacional en Santiago de ChileMércores 1 de outubro22:00 (hora galega): ESPAÑA - MÉXICO, no Estadio Nacional en Santiago de ChileSábado 4 de outubro22:00 (hora galega): ESPAÑA - BRASIL, no Estadio Nacional en Santiago de ChileNo que vai de liga, David Mella participou co Dépor en LaLiga Hypermotion en 4 partidos, 2 deles como titular.

Arnau Comas ve o vestiario "moi convencido do que está a face...

Rodrigue Dipanda sumouse este xoves a un cadro do Dépor que "...

Calendario de ANOSACANTEIRA que arrinca este venres 15 no Dép...

Antía Veiga, convertida nun pilar da selección española sub-1...

Paula Gutiérrez: "Podemos escalar posicións e o equipo está c...

Nsongo Bil insiste tras recoller o Premio Estrella en "tentar...