RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor roza xa os 12.000 abonados

DÉPOR · 17 XULLO 2026

O DÉPOR ROZA XA OS 12.000 ABONADOS

O Dépor roza xa os 12.000 abonados nestes primeiros días de campaña.Concretamente, 11.728 deportivistas xa renovaron o seu abono para a temporada 2026-27, no regreso a LaLiga EA Sports.A renovación realízase principalmente de forma online a través da web oficial do Club. A atención presencial quedará reservada para incidencias, situacións especiais, validacións documentais ou modalidades que requiran tramitación específica.As persoas abonadas da temporada anterior manterán reservada a súa localidade ata o domingo 26 de xullo.A renovación online estará dispoñible ata o domingo 26 de xullo ás 23:59 horas, mentres que a renovación por transferencia rematará o xoves 23 de xullo ás 13:00 horas.A partir do luns 27 de xullo, as localidades non renovadas quedarán liberadas para cambios de asento, cambios de modalidade, novas altas ou reasignacións internas. Os cambios de localidade e modalidade realizaranse do 29 de xullo ao 12 de agosto ás 18:00 horas, exclusivamente para persoas abonadas da temporada pasada e mediante cita previa.

abonados.jpeg

Máis formas de vivir o DéporA temporada 2026/2027 incorpora distintas modalidades para adaptarse a diferentes formas de vivir o Club: abonos con localidade, abonos bonificados, abonos VIP, modalidade Ouro e novas modalidades sen localidade para quen quere seguir formando parte do Dépor aínda que non dispoña de asento fixo en ABANCA-RIAZOR.Máis do 40% das persoas abonadas terá algún tipo de bonificaciónO RC Deportivo mantén un modelo de bonificacións amplo para acompañar distintos colectivos de deportivistas. Máis do 40% das persoas abonadas contará con algún tipo de bonificación no prezo anual.As modalidades bonificadas inclúen descontos para maiores de 65 anos, persoas con diversidade funcional, Sub-25 e ADN Branquiazul Sub-15. As bonificacións contemplan un 20% de desconto para maiores de 65 anos e diversidade funcional, un 40% para Sub-25 e un 55% para ADN Branquiazul Sub-15.Ademais, o Club procurou que a actualización de prezos teña un impacto máis contido nas zonas máis económicas do estadio, mantendo opcións de acceso para distintos perfís de afeccionado.

calendariocampaña.png

Un abono con máis vantaxes para abonados e simpatizantesOs abonos 2026-27 incorporan máis beneficios para as persoas abonadas e simpatizantes. Entre as principais melloras destaca o incremento do desconto en DéporTiendas e en deportienda.es, que pasa do 5% ao 10% para as principais modalidades.Segundo a modalidade elixida, as persoas abonadas e simpatizantes poderán acceder a sorteos exclusivos, experiencias como Matchday VIP ou meet & greet con xogadores, camisetas, tarifas especiais no Museo & Tour, vantaxes adicionais de patrocinadores e colaboradores, descontos en actividades do Club, preferencia ou prioridade na compra de entradas e vantaxes vencelladas a ANOSACANTEIRA.O abono dixital na APP RCDeportivo será a forma principal de levar o carné durante a tempada. Quen desexe dispoñer tamén de carné físico poderá solicitalo cun custo de 3,50 euros e envío a domicilio.Deportivista + e Deportivista: seguir sendo parte do Dépor, tamén sen localidadeA temporada 2026-27 incorpora dúas novas modalidades para quen quere seguir formando parte do RC Deportivo sen contar cunha localidade fixa en ABANCA-RIAZOR: Deportivista + e Deportivista.Deportivista + está pensado para quen quere manter unha vinculación activa co Club, conservar o seu número e antigüidade, gozar de vantaxes, participar en sorteos e experiencias, acceder a descontos e ter prioridade para optar a un futuro abono con localidade cando exista dispoñibilidade. Este novo programa substitúe ao antigo Soci@ Amig@.Deportivista permite seguir formando parte do Dépor, manter o vínculo co Club, gozar de vantaxes, descontos, promocións e preferencia na compra de entradas.Tamén se mantén a modalidade Deportivista JR, pensada para que os deportivistas máis pequenos formen parte do Club desde os seus primeiros anos.

modalidadesabono.png

Máis Dépor: Dépor ABANCA, Fabril e LiceoO Dépor non remata no primeiro equipo masculino. Por iso, os abonos 2026-27 amplían as opcións para acompañar tamén a Dépor ABANCA e ao Fabril durante toda a temporada.As persoas abonadas e titulares de carné deportivista poderán engadir o acceso a todos os partidos do Dépor ABANCA por 20 euros, o acceso a todos os partidos do Fabril por 20 euros ou o extra conxunto Dépor ABANCA + Fabril por 35 euros, sempre suxeito á retirada previa de entrada, dispoñibilidade, aforo, recinto e operativa de cada encontro.Como novidade, este ano xa non é necesario ser persoa abonada para poder asistir aos partidos do Dépor ABANCA ou do Fabril. Cun Pase de Temporada desde 25€ poderás acceder a todos os partidos que o Fabril e o Dépor ABANCA xoguen en ABANCA-RIAZOR e Dépor Training Center (ata completar aforo). Será necesaria a retirada da entrada sen custo. Ao non tratarse dun abono, este pase non manterá antigüidade ningunha de persoa abonada.Tamén se incorpora o extra Liceo, que permite acceder a partidos amigables e de competición oficial do HC Liceo no Palacio dos Deportes de Riazor, agás aqueles declarados como Días do Club, sen reserva de asento e ata completar aforo.

ventajasabonados.png

Cada asento conta: liberación de asento e moeDÉiroA temporada 2026-27 reforza o sistema de liberación de asento, unha ferramenta pensada para que ABANCA-RIAZOR estea o máis cheo posible e para que máis deportivistas poidan acceder a unha entrada cando unha persoa abonada non poida asistir.Se unha persoa abonada non pode acudir a un partido, poderá liberar a súa localidade. Se o Club vende esa entrada, xeraráse un saldo equivalente ao 50% do prezo neto da localidade vendida, que se incorporará ao seu moeDÉiro e poderá aplicarse como desconto na renovación da temporada seguinte, cos límites establecidos. Se a localidade liberada non se vende, poderá recuperarse ata 12 horas antes do partido.A liberación de asento permite que o abono siga sumando mesmo cando a súa titular non pode estar na bancada: axuda ao equipo, mellora o ambiente, facilita que outra ou outro deportivista poida entrar en ABANCA-RIAZOR e recoñece o uso responsable de cada localidade.

novedadesabonados.png

Compromiso de asistencia: un ABANCA-RIAZOR máis cheo, un Dépor máis forteO RC Deportivo implementa esta temporada o Compromiso de Asistencia e Utilización do Abono, un sistema pensado para fomentar a asistencia, facilitar a cesión e promover a liberación de localidades cando unha persoa abonada non poida acudir.Para os 19 partidos de LaLiga EA SPORTS na casa, establécense 15 usos válidos como referencia para acceder a condicións preferentes de renovación. Contarán como uso válido tres accións: asistir ao partido, ceder o abono ou liberar o asento a través das canles oficiais do Club.O obxectivo é recoñecer e fomentar un uso responsable do abono, ademais de permitir que outros deportivistas teñan máis opcións de conseguir unha entrada cando exista dispoñibilidade. Cada localidade ocupada axuda ao equipo e mellora o ambiente de ABANCA-RIAZOR.Podes descargar aquí o dossier da campaña de abonados.