
DÉPOR · 1 SETEMBRO 2026
O RC DEPORTIVO E FOOTBALL SCIENCE INSTITUTE REFORZAN A SÚA COLABORACIÓN
O RC Deportivo e Football Science Institute (FSI) renovan o seu acordo de colaboración para a temporada 2026-27, reafirmando o seu compromiso coa formación, a innovación e o desenvolvemento do coñecemento aplicado ao fútbol.Grazas a esta renovación, os profesionais do Club seguirán tendo acceso á oferta formativa en liña de FSI en áreas como medicina deportiva, fisioterapia, adestramento, preparación física, análise do rendemento e nutrición deportiva, favorecendo a súa actualización continua.Ademais, o acordo mantén a posibilidade de que estudantes acreditados por FSI realicen prácticas formativas no RC Deportivo, achegándoos ao día a día dun club de fútbol profesional e complementando a súa formación con experiencia práctica.Con esta renovación, ambas as entidades continúan fortalecendo unha alianza estratéxica baseada na excelencia e no desenvolvemento do talento.

Antía Veiga regresa á selección española sub-17 para un amiga...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Nsongo Bil, citado por primeira vez por Camerún para 3 partid...

O Dépor regresa este martes 8 de setembro ao traballo e lembr...

Alberto Rodríguez cre que o Dépor ABANCA fixo en Tenerife «un...

Luismi: "O grupo está mentalizado nunha cousa e imos por bo c...