
CANTERA · 27 AGOSTO 2026
EMPATE ENTRE O XUVENIL B E O REAL OVIEDO B NO ÚNICO AMIGABLE DESTE XOVES 27 EN ANOSACANTEIRA, ANTESALA DUNHA XORNADA DE SÁBADO 29 CON MÁIS DUNHA DUCIA DE PARTIDOS
ANOSACANTEIRA continúa inmersa en plena pretemporada cun intenso calendario de amigables agás o Fabril, que arrinca a liga en Primera Federación o sábado 29 de agosto ás 19:15 (Fan Play TV) no Estadio José Fouto de Mérida.Un partido disputouse este xoves 27 de agosto.O Xuvenil B (na foto principal da noticia) empatou (2-2) co Real Oviedo B no campo de herba sintética do Dépor Training Center.José Quiroga e Gabri foron os goleadores branquiazuis.O cadro deportivista repetirá test o sábado 29 ás 19:00 na Grela ante o Ural Español CF.Ese mesmo sábado o Xuvenil A, que vén de gañar a Sinde's Cup de Narón, pechará a pretemporada cun amigable na Magdalena ante o Racing Villalbés de Tercera Federación, ás 12:00 na Magdalena.Completa a xornada o partido do Cadete ante o Racing de Ferrol B xuvenil ás 19:00 en Cedeira; e a participación do San Tirso SD Cadete e o San Tirso SD Infantil na Sanxenxo Cup, e do Infantil na EF Lalín Cup no Estadio Manuel Anxo Cortizo.O calendario da semana, cos resultados dos partidos xa disputados, é o seguinte:Primera Federación1ª xornada: AD MÉRIDA - FABRIL, o sábado 29 de agosto ás 19:15 no Estadio José Fouto de MéridaCategoría xuvenilRACING VILLALBÉS (Tercera Federación) - XUVENIL A, o sábado 29 de agosto ás 12:00 na Magdalena (Vilalba)XUVENIL B 2 (José Quiroga e Gabri) - REAL OVIEDO B 2URAL ESPAÑOL CF - XUVENIL B, o sábado 29 de agosto ás 19:00 na Grela (A Coruña)Categoría cadete(Martes 25): BERGANTIÑOS CF (xuvenil) 1 - CADETE 3 (Diego Cabana, Carlos Ernau e Javi Barros)RACING DE FERROL B (xuvenil) - CADETE, o sábado 29 de agosto ás 19:00 no campo do Beco (Cedeira)(Mércores 26 de agosto): SAN TIRSO SD CADETE 0 - BERGANTIÑOS CF 1IV Torneo Sanxenxo CupSábado 29 de agostoPrimera Fase, no campo da Lanzada (Noalla)12:30: SAN TIRSO SD CADETE - SD COMPOSTELA15:10: CD CALASANZ - SAN TIRSO SD CADETE20:30: SAN TIRSO SD CADEDETE - CORUXO FCOs dous primeiros pasan á Fase Oro e os outros 2 equipos do grupo xogarán a Fase Plata, todo iso o domingo 30Categoría infantil(Mércores 26 de agosto): BERTAMIRÁNS FC (cadete) 0 - INFANTIL 2 (Alejandro Astray e Hugo Álvarez)EF Lalín Cup, no Estadio Manuel Anxo Cortizo (Lalín)Sábado 29 de agostoPrimera Fase9:35: INFANTIL - BERTAMIRÁNS FC11:20: INFANTIL - ATLÉTICO ARTEIXO14:15: INFANTIL - ED VAL MIÑOR NIGRÁNOs dous primeiros de grupo pasan aos cuartos de final, que arrincan ás 16:40 horasIV Torneo Sanxenxo CupSábado 29 de agostoPrimera Fase, no campo do Revel (Vilalonga)11:10: SAN TIRSO SD INFANTIL - AJ LÉREZ13:10: RÁPIDO DE BOUZAS - SAN TIRSO SD INFANTIL19:30: SAN TIRSO SD INFANTIL - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CFOs dous primeiros e os dous mellores terceiros pasan á Fase Oro; mentres que o peor terceiro e o cuarto xogarán a Fase Plata, todo iso o domingo 30

Mauro Valeiro disputou a recta final da segunda vitoria da su...

Adriana Ranera: "Creamos un grupo moi potente, sobre todo con...

Manuel Pablo advirte de que "vannos esixir moito todos os riv...

Primeiro adestramento no Dépor Training Center de Adama Traor...

Coca-Cola e o RC Deportivo renovan a súa alianza para a tempo...

Yayo González, novo xogador do Fabril