
DÉPOR FABRIL · 27 AGOSTO 2026
YAYO GONZÁLEZ, NOVO XOGADOR DO FABRIL
Pelayo González Rey (Oviedo, 30 de xullo de 2004), coñecido futbolisticamente como Yayo González, incorpórase ao Fabril até xuño de 2027, con opción de ampliación.O novo centrocampista branquiazul formouse nas categorías inferiores do Real Oviedo e chega ao Deportivo despois dunha temporada na Cultural Leonesa, coa que disputou 14 encontros en LaLiga Hypermotion, dous deles precisamente fronte ao Dépor.Yayo González conta ademais cunha notable experiencia en Primera Federación, categoría na que acumula 36 partidos, todos eles defendendo a camiseta do CD Lugo.A súa traxectoria profesional complétase con 6 participacións na Copa del Rey, repartidas entre a Cultural Leonesa e o Real Oviedo.Coa súa chegada, o Fabril incorpora un centrocampista novo pero con experiencia tanto no fútbol profesional como nas categorías de formación, que afronta agora unha nova etapa en #ANOSACANTEIRA.A chegada de Yayo González súmase ás de Manu Serrano, Koke San Juan e Justino Barbosa; unidas ás renovacións de Íker Vidal, Damián Canedo, Quique Teijo, David Domínguez, Noé Carrillo e Manu Ferreiro.Benvido ao Fabril Yayo!

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede

A canteirá deportivista Antía Veiga comezou con vitoria ante ...

Os Nosos volven este martes 20 de outubro ao Dépor Training C...

Alberto Rodríguez lembra que «lle fixemos 3 goles a un equipo...

Resultados da fin de semana ANOSACANTEIRA feminina, con derro...