
DÉPOR · 27 AGOSTO 2026
PRIMEIRO ADESTRAMENTO NO DÉPOR TRAINING CENTER DE ADAMA TRAORÉ, QUE «LLE TEN QUE DAR MOITO AO DÉPOR»
O Dépor regresou este xoves 27 de agosto aos adestramentos no Dépor Training Center e o cadro de xogadores recibiu un novo futbolista, Adama Traoré.O futbolista catalán aterrou onte á noite en Galicia unha vez formalizada a súa incorporación ao Club.Esta mañá, o novo atacante branquiazul completou boa parte da sesión cos seus novos compañeiros, que o saudaron antes de comezar co tradicional corredor de labazadas.

Manuel Pablo, técnico do filial, que se enfrontou a Adama Traoré cando este era futbolista do FC Barcelona B, lembra que "nese partido non saíu de inicio. Saíu nos últimos minutos. Ademais, ese partido xogueino pola esquerda. É un futbolista bastante rápido, era bastante novo. Medrou moito nese sentido de saber escoller as situacións. Ten que darlle moito ao Dépor".Tras unha activación e unha roda de pases, Antonio Hidalgo dispuxo un exercicio táctico, un partido e fútbol en espazo reducido para concluír.Todo o cadro de xogadores se exercitou no céspede agás Noé, que continúa co proceso de recuperación da súa escordadura de nocello.Este venres, Os Nosos adestraranse de novo a partir das 10:30 no Dépor Training Center para continuar preparando o partido ante o Valencia CF previsto para este domingo 30 de agosto ás 19:30 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR.

Mauro Valeiro disputou a recta final da segunda vitoria da su...

Empate entre o Xuvenil B e o Real Oviedo B no único amigable ...

Adriana Ranera: "Creamos un grupo moi potente, sobre todo con...

Manuel Pablo advirte de que "vannos esixir moito todos os riv...

Coca-Cola e o RC Deportivo renovan a súa alianza para a tempo...

Yayo González, novo xogador do Fabril




