
CANTERA · 27 AGOSTO 2026
MAURO VALEIRO DISPUTOU A RECTA FINAL DA SEGUNDA VITORIA DA SUB-18 NO TORNEO DE EL ALBIR, DESTA VOLTA ANTE UZBEKISTÁN
Mauro Valeiro (na foto, agachado, o segundo futbolista comezando pola dereita) está concentrado coa selección española sub-18 con motivo dun torneo amigable na localidade alacantina de El Albir.Os rivais do xogador coruñés son Arabia Saudí, Uzbekistán e Uruguai.O segundo encontro disputouse este xoves 27 de agosto.Os españois derrotaron (3-0) a Uzbekistán.Nesta ocasión, Mauro Valeiro saltou ao céspede no minuto 73 en substitución de Marco David Company.O primeiro partido do canteirán xogouse este pasado martes 25 de agosto ante Arabia Saudí.O branquiazul disputou completo un encontro que finalizou con triunfo español por 2-1.España, que suma 6 puntos de 6 posibles, concluirá o torneo ante Uruguai este sábado 29 de agosto ás 10:00 no complexo Albir Garden.O calendario de amigables de Mauro Valeiro con España sub-18, todos eles no complexo Albir Garden, cos resultados dos partidos xa disputados, é o seguinte:Martes 25 de agostoESPAÑA 2 - ARABIA SAUDÍ 1Xoves 27 de agostoESPAÑA 3 - UZBEKISTÁN 0Sábado 29 de agosto10:00: ESPAÑA - URUGUAI

Viaxe de regreso esta noite de Os Nosos e próximo adestrament...

O Dépor cae pola mínima e "con moita dor" ante o Atlético de ...

Resultados deste sábado en ANOSACANTEIRA feminina; e calendar...

Resultados deste sábado 24 en ANOSACANTEIRA, con derrota do F...

Os despachos de billetes do Palacio de los Deportes abren est...

Dolorosa derrota ante o CD Extremadura dun Fabril que «non es...