
DÉPOR FABRIL · 27 AGOSTO 2026
MANUEL PABLO ADVIRTE DE QUE "VANNOS ESIXIR MOITO TODOS OS RIVAIS E A IDEA É SER COMPETITIVOS"
Manuel Pablo subliñou este xoves 27 de agosto na sala de prensa do Dépor Training Center que "temos xente como Martín Ochoa, Rubén, Kevin... mesmo algúns que debutaron en Primeira; pero imos ter que medrar como grupo".O técnico fabrilista quere ir vendo a categoría, "como nos comportamos, tentando manter a mesma idea, crer no que facemos e saber competir, conscientes de que o nivel aumenta e nós tamén temos que aumentar o noso nivel".Asegura que a idea de xogo "é a mesma, só que os rivais teñen máis experiencia, máis calidade. Non creo que vaiamos ser tan dominantes como o ano pasado. Teremos que saber sufrir sen balón en moitas situacións, con resultados en contra. O ano pasado en Segunda tivemos refachos sen sacar resultados".Advirte de que hai que facer "un exercicio mental moi forte para estar tranquilos, para saber competir, para axustarnos. E dentro da idea que traemos de Segunda, ser competitivos".Preguntado por futbolistas como Kevin Sánchez, que fixo toda a pretemporada co primeiro equipo, Manuel Pablo sostén que "esta xente que está entre o primeiro equipo e nós ten que poder axudar ás veces arriba, adestrando ou xogando. E cando non participan, teñen que ser importantes, teñen que saber que hai competencia dentro do propio grupo. Teñen que axudarnos en todos os sentidos, non só cando xogan, senón que cando non xogan temos que facer un grupo moi forte. Van chegar momentos nos que non esteamos cómodos e temos que facernos fortes como grupo".Finalmente, do AD Mérida, rival este sábado 29 de agosto ás 19:15 (Fan Play TV) no Estadio José Fouto, opina que "se reforzou ben. Gastou mesmo pagando cláusulas. É un dos equipos potentes que quere estar arriba. Pode virnos ben para decatarnos da categoría na que imos estar, porque hai moitos equipos consolidados e con xente de calidade. Vannos gañar en experiencia. Nós temos que gañarlles en ganas, en ilusión, en ritmo, en traballo". "Todos os rivais vannos esixir moito e a idea é ser competitivos", conclúe.

Mauro Valeiro disputou a recta final da segunda vitoria da su...

Empate entre o Xuvenil B e o Real Oviedo B no único amigable ...

Adriana Ranera: "Creamos un grupo moi potente, sobre todo con...

Primeiro adestramento no Dépor Training Center de Adama Traor...

Coca-Cola e o RC Deportivo renovan a súa alianza para a tempo...

Yayo González, novo xogador do Fabril