
DÉPOR ABANCA · 27 AGOSTO 2026
ADRIANA RANERA: "CREAMOS UN GRUPO MOI POTENTE, SOBRE TODO CON BOAS PERSOAS, CON GANAS DE RENDER, DE COMPETIR, DE DAR UN PASO ADIANTE NA LIGA F"
Adriana Ranera Casanovas (Sant Cugat del Vallès, Barcelona, 7 de xullo de 2005) foi presentada este xoves 27 de agosto como nova xogadora do Dépor ABANCA, cedida polo FC Barcelona ata xuño de 2027.En primeiro lugar, posou para os medios gráficos no campo Arsenio Iglesias acompañada por Kevin Cabado.Xa na sala de prensa, o responsable do Dépor ABANCA afirma que Ranera "é unha referente nas categorías inferiores do Barça. O ano pasado foi moi importante na súa carreira, no que se consolidou no primeiro equipo do campión de España, campión de Europa, campión de Copa e supercampión de España".Lembra que nas categorías inferiores da selección española foi "campioa de Europa sub-19 en 2024. É unha xogadora á que sempre seguimos moi de preto, un perfil que sempre quixemos que estivese aquí".Kevin Cabado asegura que a nova central deportivista "vainos dar moitos rexistros, con moito talento na saída de balón, moi competitiva, que nos vai permitir ser máis dominadoras desde o inicio".Iso si, confesa que "o que máis nos encaixou foi a persoa e a fame que tiña. Vén de acadar cousas moi importantes a temporada pasada e desde o primeiro momento mostrou predisposición para escoitar, aprender e executar; para ser mellor. Ten cero ego, moita humildade e sabemos que vai ter moitos éxitos aquí".

Pola súa banda, Adriana Ranera defínese como unha xogadora á que "lle gusta moito ter o balón, controlar as situacións, ter o control do partido, que o balón pase por min. Son unha rapaza contundente, ambiciosa, con ganas de disputar todos os balóns".Cre que "o grupo que se formou nestas semanas amosa un pouco do que somos, do que podemos chegar a ser, a ambición que temos".Afirma que este sábado 29 de agosto ás 12:00 (Dazn, Teledeporte e RTVE Play) en ABANCA-RIAZOR ante o Sevilla FC "chegamos con moi boas sensacións. Esta pretemporada foi moi boa para coñecérmonos, para entendérmonos dentro e fóra do campo. Creamos un grupo moi potente, formado sobre todo por boas persoas, con ganas de render, de competir, de dar un paso adiante na Liga F. Esta fin de semana demostrarémolo".

Mauro Valeiro disputou a recta final da segunda vitoria da su...

Empate entre o Xuvenil B e o Real Oviedo B no único amigable ...

Manuel Pablo advirte de que "vannos esixir moito todos os riv...

Primeiro adestramento no Dépor Training Center de Adama Traor...

Coca-Cola e o RC Deportivo renovan a súa alianza para a tempo...

Yayo González, novo xogador do Fabril