
DÉPOR · 9 AGOSTO 2026
FIN DA PRETEMPORADA DO DÉPOR CUNHA BRILLANTE EDICIÓN DO TROFEO TERESA HERRERA ANTE O REAL MADRID CF INCLUÍDA
O Dépor, este luns 10 de agosto con xornada de descanso, pon fin á pretemporada xa co partido ante o Elche CF, 1º da LaLiga EA Sports, do luns 17 de agosto ás 21:00 horas en ABANCA-RIAZOR no horizonte.Iso si, antes de arrancar o campionato ligueiro, Os Nosos mídense ao Real Madrid CF este mércores 12 de agosto ás 21:00 horas en ABANCA-RIAZOR nunha brillante 81ª edición do Trofeo Teresa Herrera.O equipo branquiazul arrinca a semana tras conquistar en Xénova a 16ª edición do Trofeo Spagnolo, cuxo resumo podes ver ao pé da noticia.

Antonio Hidalgo dispuxo de 6 sesións de adestramento matinais no Dépor Training Center, unha delas o propio mércores 12, día do partido ante o Real Madrid CF, último amigable da pretemporada.A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:Martes 11 de agosto10:30 h.Mércores 12 de agosto11:00 h.21:00: Deportivo - Real Madrid, en ABANCA-RIAZOR (Trofeo Teresa Herrera)Xoves 13 de agosto10:30 h.Venres 14 de agosto10:30 h.Sábado 15 de agosto10:30 h.Domingo 16 de agosto10:30 h.Luns 17 de agosto21:00: Deportivo - Elche CF, en ABANCA-RIAZOR

Catro adestramentos, FC Porto e Real Madrid CF, todo nunha es...

O RC Deportivo pecha a campaña 'O teu lugar en Primeira' con ...

Leo Román cre que "temos que medrar desde a portería a cero, ...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Elche CF da 1ª ...

Regreso de madrugada á Coruña para o broche final da pretempo...

O Dépor faise co Trofeo Spagnolo ao derrotar o Genoa CFC no E...