RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Marisa García e Ainoa Gómez, xa clasificadas para a seguinte fase do Mundial, enfróntanse este domingo 13 á República Popular China

DÉPOR ABANCA · 12 SETEMBRO 2026

MARISA GARCÍA E AINOA GÓMEZ, XA CLASIFICADAS PARA A SEGUINTE FASE DO MUNDIAL, ENFRÓNTANSE ESTE DOMINGO 13 Á REPÚBLICA POPULAR CHINA

Foto: RFEF.esMarisa García e Ainoa Gómez (na foto de pé, a segunda futbolista comezando pola esquerda) conclúen este domingo 13 de setembro ás 15:00 ante a República Popular China a Primeira Fase do Campionato do Mundo sub-20.A selección española, tras gañar os seus dous primeiros partidos, xa está clasificada para os oitavos de final.As dúas xogadoras do Dépor ABANCA participaron na goleada histórica (11-0) nun Mundial sub-20 lograda ante Nueva Caledonia.Marisa García, ademais capitá, marcou 2 dos goles e disputou o encontro completo.Pola súa banda, Ainoa Gómez, co partido sentenciado, foi substituída no minuto 56 por Elena Gurtubay.As dúas futbolistas do Dépor ABANCA comezaron o torneo o pasado luns 7 de setembro tamén no once inicial da selección fronte a Nixeria.Marisa foi a autora do primeiro gol de España neste Mundial, aos 13 minutos.O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, do combinado nacional no Mundial é o seguinte:Luns 7 de setembroESPAÑA 2 - NIXERIA 0Xoves 10 de setembroESPAÑA 11 - NUEVA CALEDONIA 0Domingo 13 de setembro15:00: REPÚBLICA POPULAR CHINA - ESPAÑA, no Arena Sosnowiec de Sosnowiec