
CANTERA · 17 OUTUBRO 2025
O CANTEIRÁN ANTÓN VILARIÑO, CITADO POLA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-15 PARA UN DOBRE AMIGABLE ANTE IRLANDA
Antón Vilariño Escariz (A Coruña, 12 de xullo de 2011) foi citado pola selección española sub-15 para disputar dous partidos amigables ante Irlanda na localidade alacantina de Alfaz del Pi.Este central zurdo, que chegou ao Fabril FC Benxamín procedente do Imperátor OAR, milita actualmente no San Tirso SD Cadete na División de Honra que marcha na 3ª praza após o Dépor e o RC Celta.Antón Vilariño incorpórase á concentración do equipo nacional o vindeiro luns 27 de outubro.O calendario de partidos de España sub-15 é o seguinte:Martes 28 de outubro16:00: ESPAÑA - IRLANDA, no complexo Albir GardenXoves 30 de outubro10:30: ESPAÑA - IRLANDA, no complexo Albir GardenFinalizado este encontro, o canteirán emprenderá viaxe de regreso á Coruña.Antón Vilariño leva até a data os 5 partidos disputados como titular co San Tirso SD Cadete na División de Honra.

Os Nosos reciben o cariño de ABANCA e Estrella Galicia nunha ...

O RC Deportivo conclúe a súa rolda de visitas institucionais ...

A Coruña abrazou a Os Nosos nunha madrugada inesquecible na f...

Medalla de prata para o Fabril FC Alevín no Torneo Internacio...

Doblete de Bil no Estadio José Zorrilla para darlle os 3 punt...

Vitoria do Orzán SD Xuvenil no único partido de ANOSACANTEIRA...