
DÉPOR ABANCA · 13 NOVEMBRO 2025
O DÉPOR ABANCA RECIBE ESTE VENRES EN ABANCA-RIAZOR AO LEVANTE UD CON "ENERXÍAS RENOVADAS" E CO EMPUXE DA SÚA CAPITÁ CRIS MARTÍNEZ
O Dépor ABANCA recibe este venres 14 de novembro ás 19:30 (Dazn) ao Levante UD en encontro correspondente á 11ª xornada en Liga F.A derrota o pasado domingo no Estadio Johan Cruyff deixou ás Nosas na 14ª posición con 7 puntos.O cadro recibiu este xoves o impulso de Cris Martínez. A capitá visitou ás súas compañeiras no Dépor Training Center acompañado do seu fillo Nico. Ambos animarán desde a bancada este venres.Fran Alonso asegura que "levamos uns días a un nivel moi alto, con enerxías renovadas. O equipo está preparado e desexando que chegue o partido de mañá".O técnico deportivista afirma que "a reacción non puido ser mellor no campo de adestramento. Veremos se é como esperamos no campo".É baixa para o encontro por lesión Paula Monteagudo.O preparador branquiazul confesa respecto diso que "é un desafío grande facer incluso a convocatoria porque hai que deixar en casa a bastantes xogadoras. Pero é un bendito problema porque hai moitas disputas por posicións e iso fai mellorar".Sobre a lesión de Monteagudo mostrouse apenado porque "estabamos moi contentos coa súa progresión. Estaba a adaptarse moi ben a Liga F despois da temporada pasada no B. Ademais veulle a lesión nunha etapa na que estaba nun bo momento de confianza. Levaba xa 2 goles. É un paso atrás pero falei con ela, está ben, contando os días para volver adestrar. Vai volver máis forte do que se foi".

Pola súa banda, o Levante UD, que a pasada xornada empatou (1-1) na súa visita ao FC Levante Women, pecha a táboa de clasificación con 2 puntos.Esta temporada lonxe do seu campo as levantinistas caeron co Atlético de Madrid (4-0), Real Sociedad (2-1), Madrid CFF (2-0) e Real Madrid CF (4-0); ademais do empate citado ante o conxunto de Badalona.En ABANCA-RIAZOR o conxunto granota estrea técnico. Andrés París relevou esta semana a Santiago Triguero.O seu novo adestrador asegurou que confía "plenamente nestas xogadoras. Vese claramente a actitude, o compromiso e as ganas de reverter a situación. Veño sumar, e xuntos imos loitar por conseguir os obxectivos".Concluído o encontro, As Nosas adéstranse de novo o sábado 15 ás 10:30 no Dépor Training Center.


As Nosas retoman os adestramentos tras a xesta ante o Barça e...

David Mella disputa a segunda metade do Albania-España sub-21...

O Dépor arrinca a semana de traballo previa á visita ao Depor...

O Dépor Genuine arranca unha edición máis de LaLiga Genuine M...

A RC Deportivo Fundación participa en Brescia nunha reunión d...

A Xunta Xeral Ordinaria do Real Club Deportivo da Coruña SAD ...