
DÉPOR · 31 XANEIRO 2025
O INTERNACIONAL AUSTRALIANO DENIS GENREAU APONTOA O CENTRO DO CAMPO DO DEPORTIVO
O Dépor apontoa o seu centro do campo coa fichaxe de Denis Genreau (21 de maio de 1999, París). Firma até 2027 con opción a unha temporada máis.Procede do Tolouse FC da Primera División de Francia, no que xogou esta temporada 8 partidos de liga e 2 de Copa, marcando un 1 gol.En total, co equipo galo, desde a temporada 2021-22, participou en 80 partidos con 3 goles e 4 asistencias.Denis Genreau pasou ademais pola liga australiana militando nos equipos do Melbourne City e Macarthur; e na temporada 2018-19 xogou no PEC Zwolle da Eredivise, máxima categoría de Países Baixos.É internacional absoluto con Australia, selección coa que disputou 5 encontros. Tamén foi internacional Sub-23 e olímpico.

Amatucci valora na zona mixta de Málaga a importancia de "sum...

Antonio Hidalgo advirte que "temos que mellorar moitas cousas...

Os Nosos regresan este martes 25 de agosto directos a traball...

O Dépor suma en La Rosaleda ante o Málaga CF un punto que "fa...

Mauro Valeiro mídese este martes 25 de agosto coa selección e...

José Vicente Fernández deixa de formar parte do Consello de A...