
DÉPOR · 24 XANEIRO 2025
O RC DEPORTIVO INFORMA QUE DENUNCIARÁ ANTE AS AUTORIDADES COMPETENTES AS AMEAZAS E INSULTOS A MEMBROS DO CLUB
O RC Deportivo condena enerxicamente calquera tipo de comportamento intimidatorio, violento ou ameazante como os tristemente acaecidos en últimos días; posto que os mesmos van en contra dos valores de respecto, convivencia e deportividade que a nosa entidade promoveu e promove tanto dentro como fóra do campo desde a súa creación.Por iso, o RC Deportivo porá a disposición das autoridades competentes toda a información coa que xa conta e que continúa solicitando, colaborando en todo o necesario coas mesmas co obxectivo de erradicar este tipo de actuacións.O RC Deportivo sempre traballou e seguirao facendo para manter o benestar da súa comunidade e a seguridade de todos os seus membros no seu compromiso coa tolerancia cero ante calquera tipo de violencia.

Fin a unha semana de traballo pero sin competición do Dépor A...

Esixente primeira proba para Michi Apóstol nesta xanela de se...

Aubameyang pide ante o FC Barcelona "xogar sen complexos, cre...

O Dépor ABANCA recibirá o Athletic Club nos oitavos de final ...

Ensaio xeral no campo 2 do Dépor Training Center para recibir...

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA, co Fabril o sábado 2...