
DÉPOR · 14 FEBREIRO 2025
O RC DEPORTIVO PON EN MARCHA O I PLAN DE IGUALDADE
Esta semana finalizou o proceso de rexistro do I Plan de Igualdade do RC Deportivo coa confirmación de inscrición no rexistro de acordos e convenios colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.Este trámite era o definitivo após a firma levada a cabo o pasado luns 20 de xaneiro.A negociación e firma do Plan é un paso fundamental no compromiso por promover a equidade, a diversidade e a inclusión dentro do Club.Este plan é o resultado dun proceso de diagnóstico da situación actual e de negociación coa representación legal das persoas traballadoras, o cal establece un conxunto de medidas concretas e avaliables para erradicar calquera posible brecha de xénero e garantir condicións laborais equitativas.Coa implementación deste plan, reafírmase o compromiso de:-Promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en todos os niveis da organización.-Impulsar medidas específicas para previr calquera tipo de discriminación laboral e salarial.-Fomentar políticas que favorezan a conciliación da vida laboral, persoal e familiar.-Garantir unha representación equitativa nos procesos de selección, promoción interna e formación.Esta firma non só supón o cumprimento dunha obrigación legal, senón tamén a consolidación da aposta pola equidade, o respecto e a diversidade. Este é só o inicio dun camiño cara a unha organización máis inclusiva e equitativa para todas as persoas que forman parte do Club.

Daniela Caracas seguiu desde o banco o triunfo de Colombia an...

Michi Apóstol, no once inicial de Venezuela que se enfrontou ...

Sofía Domínguez xogou de titular no primeiro dos dous amigabl...

Resultados deste sábado 10 en ANOSACANTEIRA feminina e calend...

O Dépor ABANCA B golea en Vigo a As Celtas e xa manda en Segu...

Derrota pola mínima do Fabril malia que "volvemos á senda do ...