
CANTERA · 1 AGOSTO 2025
O RC DEPORTIVO RENOVA ATÉ 2028 A ÁLVARO MARDONES, QUE XOGARÁ CEDIDO ESTA TEMPORADA NO RACING DE FERROL
Álvaro Mardones Espluguez (Ferrol, 23 de outubro de 2005) asinou a súa renovación polo RC Deportivo até xuño de 2028.Desta forma, o Club redobra a súa firme aposta por ANOSACANTEIRA ao asegurar a continudad doutra das grandes promesas de Abegondo.Nas súas dúas temporadas co Fabril en Segunda Federación acumula 36 partidos, aos que hai que engadir 2 de promoción de ascenso a Primera Federación tamén co filial deportivista.O defensor branquiazul, que leva en ANOSACANTEIRA desde a temporada 2017-18 no seu primeiro ano de infantís, foi varias veces convocado co primeiro equipo e chegou a ter minutos en varios amigables.Esta temporada, co obxectivo de que Álvaro Mardones continúe o seu proceso de crecemento, xogará cedido no Racing de Ferrol en Primera Federación.O RC Deportivo deséxalle moita sorte nesta etapa da súa carreira profesional convencido de que seguirá coa súa progresión como futbolista.

O Dépor ABANCA entra na recta final da pretemporada

Derrota pola mínima ante o Real Madrid CF dun Dépor ABANCA "c...

Resultados dos amigables da semana en ANOSACANTEIRA, este dom...

Antonio Hidalgo advirte que agora en LaLiga EA Sports "temos ...

O Dépor, consciente da dificultade do que vén por diante, reg...

As billeteiras do Palacio dos Deportes de Riazor abren este l...