
DÉPOR · 29 AGOSTO 2025
STOICHKOV REFORZA O ATAQUE DO DÉPOR
Juan Diego Molina Martínez (San Roque, Cádiz, 5 de novembro de 1993), coñecido no mundo do fútbol como Stoichkov, convértese en novo xogador do RC Deportivo para a temporada 2025-26.O atacante andaluz chega cedido polo Granada CF, cunha opción de compra ao finalizar a campaña. A súa incorporación reforza a parcela ofensiva do equipo con experiencia, talento e gol.Cunha dilatada traxectoria en LaLiga Hypermotion, Stoichkov disputou 230 partidos, nos que asinou 76 goles e 18 asistencias. En Primera División suma 16 encontros e unha asistencia, ademais de 8 partidos de Copa del Rey (1 gol) e 6 máis en play off de ascenso (1 gol).Formado no fútbol andaluz, desenvolveu boa parte da súa carreira na SD Eibar, onde acumulou 126 partidos oficiais, 46 goles e 12 asistencias. Tamén defendeu as camisetas de AD Alcorcón (40 partidos, 16 goles, 5 asistencias), CE Sabadell (38 partidos, 12 goles), RCD Mallorca (23 partidos, 3 goles, 1 asistencia), e Deportivo Alavés (17 partidos, 1 asistencia).A pasada campaña participou en 16 encontros co Granada CF, 10 deles como titular, e anotou 1 gol. Ademais, conta con experiencia internacional, con dous partidos de clasificación para a Europa League co Victoria FC de Gibraltar.Coa súa chegada, o Dépor incorpora un perfil ofensivo contrastado para seguir dando pasos firmes no seu proxecto deportivo.

Despois de visitar o Madrid CFF o sábado 31 de outubro, As No...

O Dépor Genuine, Torre SD e Real Avilés comparten unha xornad...

A RFEF adianta ás 13:00 horas o Fabril - CD Extremadura e fix...

Este venres 16 abre a OAD de 9:15 a 14:00 e os despachos de b...

Antonio Hidalgo advirte de que en LaLiga EA Sports "todo te p...

Os Nosos, que están «facendo as cousas ben», reciben este ven...