RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Triunfo do Dépor ante a SD Compostela "para empezar a coller ritmo, a coller sensacións"

DÉPOR · 18 XULLO 2026

TRIUNFO DO DÉPOR ANTE A SD COMPOSTELA "PARA EMPEZAR A COLLER RITMO, A COLLER SENSACIÓNS"

O Dépor venceu por 0-4 este sábado 18 de xullo no Estadio Vero Boquete no seu primeiro amigable de pretemporada.O rival foi a SD Compostela, club que acaba de ascender a Segunda Federación, nun partido retransmitido en directo pola canle oficial do RC Deportivo en Youtube.Diego Villares destacou a importancia de «comezar a coller ritmo, sensacións, ir xogando xuntos e coñecendo os novos».Foron baixa Mella, Yeremay e Loureiro, que están con adestramento personalizado de cara á súa posta a punto.Como é habitual nos primeiros amigables de cada pretemporada, Os Nosos presentaron dous onces distintos, un en cada parte.O da primeira parte deixou o debut do lateral zurdo coruñés Xabi Campos, que así chega ao primeiro equipo despois de incorporarse ao Dépor Training Center no seu primeiro ano de benxamín.Tamén se estrearon Leo Román na portería; Bright Ede no centro da defensa; e Amatucci e Gijselhart no centro do campo.Como sucedeu no tramo final da pasada tempada, Alti situouse por diante de Ximo Navarro no carril dereito.A sala de máquinas foi para Amatucci e Gijselhart, que inaugurou o marcador aos 19 minutos ao rematar libre de marca no corazón da área un centro desde a esquerda de Luismi.Precisamente a primeira ocasión clara do partido chegou pola súa banda. O seu pase atrás remátao Bil, á media volta entre un bosque de pernas, raso e axustado ao pau esquerdo. O ex deportivista Edu Sousa salvou o tanto nunha bonita estirada.A primeira parte concluíu cunha boa xogada de ataque do Dépor que acabou nun man a man entre Luismi e Edu Sousa, gañador do duelo co andaluz.A segunda metade arrancou cun novo once branquiazul, esta tarde coa segunda equipación.Neste caso tocoulle debutar a Jensen, situado en posicións de ataque formando parella con Eddahchouri.Samu, Lucas Noubi, Dani Barcia e Quagliata foron o cuarteto defensivo, con Ferllo na portería.Villares e Riki levaron o mando do centro do campo, acompañados por Noé e Guerrero.O primeiro disparo da reanudación foi para Goris, desde fóra da área e raso. Detivo Ferllo sen maiores problemas.Respondeu Jensen con potencia tras recibir na área. Sacou o balón ben colocado Edu Sousa.Eddahchouri ampliou a vantaxe no marcador no minuto 63. O holandés rouba un balón a Martiño Saa, encara Yeray e bátelle por raso malia estar moi escorado.Antonio Hidalgo deu entrada aos dous últimos futbolistas que faltaban por xogar: Jose Ángel e Kevin Sánchez substituíron Noé e Guerrero.O propio Zaka logrou o terceiro cunha espectacular chilena tras un bo centro de Samu desde a banda dereita. Imparable para Yeray.Jensen tivo nas súas botas o cuarto pero o seu remate raso, tras cesión de Kevin, foise lambendo o pau dereito da portería de Yeray.Kevin Sánchez pechou a conta, e o partido, no minuto 92. O canteirán rematou ao fondo da rede no segundo pau un balón centrado por Quagliata, ao que non chegou no primeiro pau Eddahchouri.SD Compostela: Edu Sousa (Yeray, min. 60), Mario Hermo (Antón Diéguez, min. 60), Miguel Prado (Javi García, min. 60), Jordan (Turby, min. 46), Damián (Hugo Arrojo, min. 46), Goris (Uxío Abaña, min. 60), Samu (Unai, min. 1), Buba (Lucas Besada, min. 46), Manu Rivas (Xoán Castro, min. 60), Rosón (Yago Domínguez, min. 60) e Uzal.Deportivo (primeira parte): Leo Román, Alti, Arnau, Bright Ede, Xabi Campos, Ximo Navarro, Amatucci, Gijselhart, Mario Soriano, Luismi e BilDeportivo (segunda parte): Ferllo, Samu, Lucas Noubi, Dani Barcia, Quagliata, Riki, Villares, Noé (Jose Ángel, min. 73), Guerrero (Kevin Sánchez, min. 73), Jensen e EddahchouriÁrbitro: Alberto Gómez Lameiro, do comité galegoGoles: 0-1 Gijselhart (min. 17); 0-2 Eddahchouri (min. 63); 0-3 Eddahchouri (min. 75); 0-4 Kevin Sánchez (min. 92)

Incidencias: partido disputado no Estadio Vero Boquete ante unha boa asistencia de afeccionados, moitos deles deportivistas

deportivo718.png