
DÉPOR · 22 ABRIL 2026
UN DÉPOR "COA FRECHA PARA ARRIBA" INCIDE ESTE MÉRCORES 21 NAS FINALIZACIÓNS DE CARA AO PARTIDO EN BURGOS
O Dépor incidiu este mércores 21 no Dépor Training Center na finalización.Un xogo de posición após unha activación completou o traballo sobre o céspede, todo no campo 3.Yeremay, en rolda de prensa, afirmou que "estamos a traballar moi ben. Cada partido moito mellor".

O atacante canario ve a Os Nosos "coa frecha para arriba. Imos agora a Burgos (o sábado 25 de abril ás 18:30 horas en El Plantío) a gañar. E logo o seguinte, o seguinte..."Mella e Mulattieri estiveron hoxe con adestramento personalizado.Pola súa banda, Bil, Noé e Dani Estévez foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este xoves 23 de abril o Dépor adestrarase de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.


Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...