
DÉPOR · 15 ABRIL 2026
UN DÉPOR "CUNHA COMPETITIVIDADE MOI ALTA" VOLVEU AO TRABALLO NO DÉPOR TRAINING CENTER SABEDOR DE QUE "TODOS IMOS SER IMPORTANTES"
O Dépor regresou aos adestramentos este mércores 15 de abril no Dépor Training Center para comezar a preparar a seguinte cita ligueira, a visita do CD Mirandés a ABANCA-RIAZOR este luns 20 de abril ás 20:30 horas (LaLiga TV Hypermotion).Todo o cadro estivo no céspede salvo David Mella e Mario Soriano, hoxe con traballo personalizado.Miguel Loureiro cre que "todo o mundo ten un nivel moi alto. Hai unha competitividade moi alta".O central coruñés subliña que "hai momentos para todos. Todos imos ser importantes. Estamos a selo".Ademais, resalta que esta situación "é moi boa para o míster, contar con tan bos recursos e a bo nivel".

O corpo técnico dispuxo unha activación con roda de pases, un xogo de posición e unha tarefa de posesión.Bil e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center este xoves 16 de abril a partir das 10:30 horas.


Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...