
DÉPOR FABRIL · 28 AGOSTO 2026
UN FABRIL "EXPECTANTE CO QUE NOS IMOS ATOPAR" COMEZA A LIGA EN PRIMERA FEDERACIÓN ESTE SÁBADO 29 ÁS 19:15 EN MÉRIDA
O Fabril arranca este sábado 29 de agosto ás 19:15 (Fan Play TV) a temporada en Primera Federación coa visita á AD Mérida no Estadio José Fouto.Manuel Pablo non poderá contar cos lesionados Noé, Dipanda, Damián Canedo, Jairo, Manu Ferreiro e Xabi Campos; pero, pola contra, si están dispoñibles futbolistas que estiveron no primeiro equipo durante a pretemporada, como Quique Teijo, Kevin Sánchez, Guerrero ou Samu; ademais de xogadores que estiveron cedidos a pasada campaña en equipos de Primera Federación como Martín Ochoa, Rubén López ou Álvaro Mardones.É baixa o centrocampista xuvenil Mauro Valeiro, que está concentrado coa selección española sub-18 con motivo dun torneo na localidade alacantina de El Albir.O técnico fabrilista asegurou na sala de prensa do Dépor Training Center que os futbolistas "están traballando moi ben, con moitas ganas".Confesa que "están un pouco expectantes ante o que imos atopar. Somos un grupo novo, un equipo novo, aínda que con xente que si participou nesta categoría".Nesta semana, o Fabril incorporou a Manu Serrano, un polivalente defensa que chega do Real Madrid CF, e a Yayo González, un mediocentro que a pasada campaña xogou 14 partidos coa Cultural Leonesa en LaLiga Hypermotion. Estas dúas incorporacións únense ás xa anunciadas de Justino Barbosa e Koke San Juan.O filial blanquiazul, este verán, venceu ao CD Arenteiro (5-1); empatou co FC Astorga (2-2), Arosa SC (1-1) e SD Compostela (2-2), estes dous últimos en partidos de 45 minutos; e caeu ante o Real Madrid Castilla (0-1), CD Lugo (2-0) e Pontevedra CF (1-2).

Pola súa banda, a AD Mérida afronta un novo curso tras rematar a pasada campaña na 10ª posición de Primera Federación con 52 puntos.Nesta pretemporada, os estremeños venceron a AD Alcorcón (2-1); empataron (0-0) co Recreativo de Huelva e co Sevilla Atlético, ambos de Segunda RFEF; e caeron ante o filial do SL Benfica (4-0), o Al Nassr (0-2) de Arabia Saudí, o Betis Deportivo de Segunda Federación (2-3) e o CD Leganés (3-0).O seu técnico, Fran Beltrán, asegura que «somos un equipo ambicioso», pero tamén que «imos medrando día a día».


O RC Deportivo e os representantes da afección alcanzan un ac...

A RC Deportivo Fundación organiza un obradoiro para potenciar...

Os despachos de billetes do Palacio de los Deportes de Riazor...

Alberto Rodríguez: "Xogamos en ABANCA-RIAZOR, que é unha baza...

Un Dépor ABANCA «desexando que arranque a liga» estréase este...

Alta carga táctica nunha nova sesión de Os Nosos no Dépor Tra...