
DÉPOR · 9 MARZO 2025
COMUNICADO DO RC DEPORTIVO
O RC Deportivo expresa o seu máis enérxica condena ante o acto de racismo sufrido polo noso xogador Mane durante o encontro disputado polo Deportivo Fabril contra o Rayo Cantabria. Este tipo de comportamentos son absolutamente inaceptables e non teñen cabida no fútbol, nin no deporte en xeral, nin na sociedade.O RC Deportivo é un club firme no seu compromiso coa inclusión, o respecto e a diversidade, e non tolerará ningunha manifestación de intolerancia. Continuaremos loitando con todos os recursos ao noso alcance para erradicar estes actos de odio dentro e fóra dos terreos de xogo. O Club tomará todas as accións necesarias para garantir que incidentes deste tipo non se repitan.Desde o primeiro momento, o RC Deportivo trasladou a Mane todo o noso apoio e solidariedade neste difícil momento.Así mesmo, o RC Deportivo quere deixar claro que levará este incidente ao máis alto nivel das institucións competentes e non cesará ata que os responsables sexan sancionados de forma exemplar.

O Dépor ABANCA cae pola mínima ante o Atlético de Madrid, aín...

Un Fabril «dependendo do que requira o primeiro equipo» xoga ...

Aberto o prazo de solicitude de entradas para o partido ante ...

Michi Apóstol xogará dous partidos con Venezuela fronte a Col...

Amigable para Nsongo Bil este sábado 3 de outubro en Costa de...

Calendario en ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA B o dom...