RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe mércores en ANOSACANTEIRA, con triunfo do Fabril ante a SD Sarriana en Pontedeume

O Fabril (na foto de arquivo o dianteiro Rubén) enfrontouse este mércores en Pontedeume á SD Sarriana de Segunda Federación.

Manuel Pablo non puido contar cos lesionados Manu Ferreiro e Aarón.

O triunfo foi deportivista por 3-1; con goles de Dipanda, Cortés e Bil no último cuarto de hora.

Fabril: Brais Suárez, Quique Teijo (Pablo García, min. 82), Vilela (Malick, min. 82), Damián (Domínguez, min. 82), Íker Vidal, Garrido (Cortés, min. 75), Estévez, Dipanda, Fabi (Kike Fernández, min. 82), Rubén (Bil, min. 70) e Noé (Mario Hermo, min. 82)

Foi o sexto amigable nesta pretemporada para o equipo fabrilista após o do CD Arenteiro en Abegondo (2-2), o do Racing de Ferrol en Narón (3-2), o da SD Compostela en Arzúa (0-2), o do CD Estradense na Estrada (0-3) e o do Arteixo en Ponte dos Brozos (0-1).

Este venres, o Fabril ten un novo test, esta vez en Abegondo (20:00), ante o Atlético Coruña Montañeros CF de Tercera Federación.

Tamén tivo amigable este mércores o equipo cadete deportivista, no Monte ante o San Tirso SD de categoría xuvenil.

Os branquiazuis non puideron (1-0) cun rival máis físico e de superior idade.

A pasada semana, o Cadete goleou na súa primeira cita de pretemporada (7-1) ao Ural Español CF.

Ademais o Xuvenil A, con dous xogadores citados pola selección española sub-17 (Mauro Valeiro e Samba Wade), visita ao Sigüeiro FC de Preferente o sábado 23 no campo Lino Balado e o Xuvenil B desprázase a Suíza para participar na Geneve Cup co Servette FC, FC Inter e Arsenal FC como rivais na Primera Fase.

Completan a semana o venres os partidos do Infantil ante o CD Calasanz en Abegondo e do San Tirso SD Infantil no Monte ante o Bergantiños CF.

O San Tirso SD Cadete deu onte martes o pistoletazo a unha nova semana de amigables en ANOSACANTEIRA.

Os 'verdes' impuxéronse no Monte (2-1) ao Victoria CF con goles de Asier e Carlos Crespo.

Neste equipo, o central Antón Vilariño foi citado para uns adestramentos coa selección española sub-15 este mes de agosto.

O calendario de partidos confirmados, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
SD SARRIANA 1 - FABRIL 3 (Dipanda, Cortés e Bil)
FABRIL - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o venres 22 de agosto ás 20:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
SIGÜEIRO FC (Preferente Autonómica) - XUVENIL A, o sábado 23 de agosto ás 11:00 no campo Lino Balado (Oroso)

11ª GENEVE CUP no Stade des Arbères (Meyrin, Suíza)
Primera Fase
Sábado 23 de agosto
10:50: FC INTER - XUVENIL B
15:25: SERVETTE FC - XUVENIL B
19:05: XUVENIL B - ARSENAL FC
En función da clasificación, os equipos acceden a unha fase final o domingo 24 de agosto

Categoría cadete
SAN TIRSO SD (xuvenil) 1 - CADETE 0

Martes 19: SAN TIRSO SD CADETE 2 (Asier e Carlos Crespo) - VICTORIA CF 1

Categoría infantil
INFANTIL - CD CALASANZ, o venres 22 de agosto ás 18:00 en Abegondo (campo sintético)

SAN TIRSO SD INFANTIL - BERGANTIÑOS CF, o venres 22 de agosto ás 16:45 no Monte