RCDeportivo Logo
Lucía Pardo

0

Partidos

0

Paradas

Estadísticas

DEL

Lucía

Pardo

26

Años

1,70

Altura

ESP

Nac.

Lucía Pardo Méndez (Outeiro de Rei, Lugo, 5 de xaneiro de 2000), coñecida deportivamente como Lucía Pardo

Internacional coa selección española en todas as categorías inferiores, Lucía Pardo tamén forma parte da historia do fútbol feminino español ao converterse, en setembro de 2022, na primeira goleadora da era do fútbol profesional feminino.

Chega procedente da Real Sociedad, onde militou durante as tempadas 2024-25 e 2025-26. No conxunto donostiarra disputou 53 partidos de Liga F e anotou 12 goles, sendo unha peza importante na excelente campaña do equipo a pasada tempada, que rematou na terceira posición do campionato, só por detrás do FC Barcelona e do Real Madrid CF.

A súa traxectoria na máxima categoría comezou na tempada 2021-22 co Madrid CFF. Durante a súa etapa no conxunto madrileño disputou 60 encontros oficiais, 53 en Liga F e 7 en Primeira Federación, nos que asinou 8 goles e repartiu 9 asistencias.

Formada nas categorías inferiores do SCD Milagrosa e o PM Friol, a futbolista lucense acumula xa 115 partidos na máxima categoría do fútbol español, cun balance de 20 goles, cifras que avalan a súa capacidade ofensiva e a súa experiencia malia a súa mocidade.Co a súa incorporación, o Dépor ABANCA suma talento, desequilibrio e gol para afrontar unha nova tempada na elite do fútbol español.

Comprar camiseta