
FUNDACIÓN · 28 ABRIL 2026
A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN ACTIVA A BANCADA SOLIDARIA DE ABANCA-RIAZOR PARA O DÉPOR - CD LEGANÉS E O DÉPOR ABANCA - REAL SOCIEDAD
A RC Deportivo Fundación, de cara ao encontro do Deportivo deste venres 1 de maio ás 18:30 ante o CD Leganés e do Dépor ABANCA deste domingo 3 de maio ás 12:00 ante a Real Sociedad, activa a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria.Para solicitar entradas, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.A data límite para poder solicitalas serán as 12:00 h. deste mércores 29 de abril ás 12:00 no caso do Dépor e as 12:00 h. deste xoves 30 de abril ás 12:00 no caso do Dépor ABANCA.


Primeira vitoria na casa do Dépor ABANCA, segunda consecutiva...

Antonio Hidalgo: "Estamos competindo contra todo o mundo e is...

Parte médico de Inês Pereira

Viaxe de regreso esta noite de Os Nosos e próximo adestrament...

O Dépor cae pola mínima e "con moita dor" ante o Atlético de ...

Resultados deste sábado en ANOSACANTEIRA feminina; e calendar...