
FUNDACIÓN · 24 ABRIL 2026
A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN INICIA UNHA NOVA MOBILIDADE ERASMUS+ EN KÓSOVO
A RC Deportivo Fundación continúa avanzando na súa estratexia de internacionalización cunha nova mobilidade Erasmus+ en Kósovo, onde participa na Staff Week organizada pola Universum International College.A expedición está formada por Alex Espiñeira, coordinador de proxectos internacionais, e Brais López, adestrador da RC Deportivo Fundación, quen representarán ao club nesta experiencia centrada no intercambio de coñecemento no ámbito académico e deportivo.Durante a estancia, o programa combinará actividades formativas na contorna universitaria con visitas a distintos clubs do país. Estas accións permitirán coñecer de primeira man a realidade do fútbol en Kósovo, así como intercambiar experiencias, metodoloxías de traballo e posibles liñas de colaboración futura.Esta mobilidade enmárcase dentro dos programas Erasmus+, que impulsan o desenvolvemento profesional, a aprendizaxe internacional e a creación de redes entre entidades deportivas e educativas a nivel europeo.Con iniciativas como esta, a RC Deportivo Fundación segue reforzando a súa presenza internacional, xerando oportunidades e ampliando a súa rede de colaboración en novos territorios.

O Club Portugalete, rival do Dépor na segunda eliminatoria da...

O Dépor repite ante o Athletic Club un domingo ás 16:15, conc...

O documental ‘Dépor, voa’ estrearase nos cines o vindeiro 26 ...

Brillante e emotiva participación do Dépor Genuine na primeir...

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina; este domingo 22 con gol...

O Dépor ABANCA B golea o Bizkerre Club e afíanzase no liderad...