
DÉPOR · 14 DECEMBRO 2025
ADESTRAMENTO EN DOUS GRUPOS ESTE DOMINGO PARA O DÉPOR XA COA COPA Á VISTA, "UN TORNEO QUE VÉN PERFECTO"
O Dépor adestrouse este domingo en dous grupos xa coa Copa del Rey ao virar a esquina, o martes 16 de decembro ás 19:00 (Movistar Plus) en ABANCA-RIAZOR ante o RCD Mallorca en dezaseisavos de final.Na zona mixta, Germán Parreño cre que o torneo copeiro "vén perfecto como vén. O martes témolo xa. Non hai moito tempo de lamentacións senón traballar, traballar e traballar".O porteiro deportivista asegura que "xa estamos metidos niso, con outro partido en ABANCA-RIAZOR ante #ANOSAFORZA, duro pero con ganas de afrontalo e darlle unha alegría á nosa xente".Os titulares onte ante a Real Sociedad B tiveron xornada de recuperación, con só a activación co grupo. Este grupo de futbolistas pasou logo ao ximnasio, sala de fisioterapia e zona de auga.Para o resto houbo ademais un exercicio de posición, outro de finalizacións e fútbol reducido, de alta intensidade.Escudero está con adestramento personalizado; mentres que Daniel Bachmann e Ximo Navarro fan tarefas co resto dos seus compañeiros.Brais Suárez, Samu, Quique Teijo e Noé foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.Este luns ás 17:00 Os Nosos realizarán no Dépor Training Center o último ensaio antes da cita copeira.

O Club Portugalete, rival do Dépor na segunda eliminatoria da...

O Dépor repite ante o Athletic Club un domingo ás 16:15, conc...

O documental ‘Dépor, voa’ estrearase nos cines o vindeiro 26 ...

Brillante e emotiva participación do Dépor Genuine na primeir...

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina; este domingo 22 con gol...

O Dépor ABANCA B golea o Bizkerre Club e afíanzase no liderad...