
DÉPOR · 1 OUTUBRO 2026
AMIGABLE ENTRE DÉPOR E FC OPORTO ESTE VENRES 2 DE OUTUBRO EN ABANCA-RIAZOR CON AROMA Á SEMIFINAL DA CHAMPIONS LEAGUE DE 2004
O Deportivo e o FC Porto aproveitan este parón ligueiro polos compromisos das seleccións nacionais para enfrontarse nun encontro amigable en ABANCA-RIAZOR.O partido está fixado para este venres 2 de outubro ás 19:00 horas, retransmitido en directo pola canle oficial de YouTube do RC Deportivo.Será o segundo amigable neste parón de seleccións para o Deportivo tras o disputado en Penafiel o pasado venres 25 de setembro, que rematou en empate (2-2) e que deixou para a historia o debut de 3 xuvenís no primeiro equipo: Mauro Valeiro, Frank Iglesias e Leandro Altieri.Dépor e FC Porto víronse por última vez en A Coruña o 4 de maio de 2004 nas semifinais da Liga de Campións.Un dos que estiveron naquel partido, Manuel Pablo, lembra que "era unha semifinal moi igualada. A nós, ao vir da liga española, consideróusenos un pouco favoritos entre os 4 que estabamos".Salienta que "por un detalle escapóusenos aquela eliminatoria, pero nunca fomos superiores nin eles a nós. Foi moi igualada. Parecía que ía chegar aos penaltis e ao final acabou antes de tempo. Foi unha historia que podía ser bonita por como chegamos ata alí, un equipo como o Dépor, pero a ilusión desbordárase e ao final foi unha historia triste".Non estarán ante o conxunto luso os internacionais que están coas súas seleccións: Nsongo Bil, Lucas Noubi, José María Giménez e Bright Ede; nin tampouco os lesionados Casadó, Aubameyang e Eddahchouri.

Esta mañá, Antonio Hidalgo dirixiu unha última sesión de adestramento no Dépor Training Center, a derradeira da semana ademais.Ao igual que onte mércores, estiveron os canteiráns Kevin Sánchez, Noé, Quique Teijo, Álvaro Fraga, Yayo, Ferrán Seco e Íker Gil.Sobre Kevin, Manuel Pablo asegura que achega "enerxía, capacidade para atacar os espazos e capacidade de traballo. Sae sempre con moita ilusión e con moitas ganas de, polo menos, intentalo e dalo todo para poder sumar".Así mesmo, Riki, Luismi, Altimira e Amatucci traballaron co readaptador, Nando Rodríguez.Pola súa banda, o FC Porto, que acaba de incorporar o futbolista británico Smalling, é líder destacado da liga portuguesa con 21 puntos de 21 posibles.A súa única derrota ata a data chegou na Champions League, o pasado 8 de setembro ante o Manchester City (0-2).Rematado o encontro, Os Nosos gozarán dunha fin de semana de descanso, a última antes de retomar a liga o domingo 11 de outubro ás 16:15 (Dazn) en Anoeta ante a Real Sociedad.

Este venres 2 de outubro abre a OAD de 9:15 a 14:00 e os desp...

Inês Pereira, convocada por Portugal para o play off ante Irl...

Resultados deste mércores 30 de setembro en ANOSACANTEIRA e c...

Bright Ede xogou completo con Polonia sub-21 un encontro que ...

Marisa García e Ainoa amosan a súa medalla de campioas do mun...

Deportivo ABANCA e Deportivo Alavés enfróntanse en ABANCA-RIA...




