
DÉPOR · 16 AGOSTO 2026
ANTONIO HIDALGO ADVIRTE QUE AGORA EN LALIGA EA SPORTS "TEMOS QUE FACER MOITÍSIMAS COUSAS BEN"
Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center que a Primera División "é un gran reto poder demostrar que estamos preparados para loitar contra todo tipo de equipos na categoría".Do partido ante o Elche CF previsto para este luns 17 de agosto ás 21:00 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR, advirte que "vén un equipo que aínda que cambiase de adestrador está a facer cousas moi parecidas ás do ano pasado. Vai ter moito balón. Imos ter que pasar esas fases sen balón, tentar facerlles dano nos seus puntos febles, que teñen como todos, e con moitas ganas e ilusión de volver a ABANCA-RIAZOR".O técnico deportivista cre que na pretemporada "o equipo competiu sempre e contra todo o mundo. É certo que o que nos condicionou un pouco é que demasiados xogadores estiveron con molestias sobre todo na parte de arriba e na banda dereita. Tivemos que ir poñendo aí xente que non tocaba".Non obstante, asegura estar "contento por como compite o equipo. Sempre está vivo. É unha das nosas sinais de identidade. A partir de aí agardar polo partido de mañá".Antonio Hidalgo subliña que agora, en LaLiga EA Sports, "tanto ofensiva como defensivamente imos ter que facer cousas distintas porque a esixencia do rival vai ser moito maior. Nós seguramente temos máis nivel ca o ano pasado".E apunta que "entre todos temos que pensar na dificultade do que vén, nesa sensación de que todo vai ser difícil. Vai haber épocas difíciles porque hai rivais de moito potencial e que esa cabeza vaia funcionando co que nos imos atopando. É estar sempre vivos, en calquera situación. É unha liga moi longa, moi competitiva. Dícheche que tes que sumar 'X' puntos para salvarte e pode pasar que pasen diferentes xornadas sen gañar. Hai unha dificultade que o xogador ten que saber".Nese aspecto recalca que "o ano pasado eramos moi protagonistas. Todo o ano estivemos na parte alta. Imos ver onde nos vai poñendo o ano pero sabendo da dificultade que ten todo isto; e tendo unha cabeza moi constante"."Temos que facer moitísimas cousas ben, tes que estar moi axustado. O outro día contra o Real Madrid xa o vimos. Desaxústaste unha vez e cun control espectacular de Brahim gáñanche o partido. Tes que ser capaz de materializar esas ocasións de gol que vaias tendo, establecerte en campo rival, ter doses de balón, defender ben. Conxuntalo todo e ter ganas de sufrir, que ese sufrimento bo sempre está ben", conclúe.Finalmente, sobre a súa renovación até 2028 confesa estar "moi contento. É unha fórmula de contrato moi parecida á que tiña cando cheguei. Hai que gañarse estar no Dépor, estar máis tempo na Coruña. Estou moi agradecido ao Club pola confianza amosada desde o primeiro momento; gratitude inmensa aos meus xogadores, aos que están agora e aos que estiveron o ano pasado".

Resultados dos amigables da semana en ANOSACANTEIRA, este dom...

O Dépor, consciente da dificultade do que vén por diante, reg...

As billeteiras do Palacio dos Deportes de Riazor abren este l...

O Coruxo FC, no Dépor Training Center, primeiro rival do Cade...

O Xuvenil B arrinca a Liga Nacional no Dépor Training Center ...

Resultados deste sábado 15, con goleada do Fabril ao CD Arent...