RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Antonio Hidalgo: "Hai que mellorar en diferentes aspectos, pero estou moi contento pola vitoria e polo que vexo"

DÉPOR · 6 SETEMBRO 2026

ANTONIO HIDALGO: "HAI QUE MELLORAR EN DIFERENTES ASPECTOS, PERO ESTOU MOI CONTENTO POLA VITORIA E POLO QUE VEXO"

Antonio Hidalgo destacou na sala de prensa do Estadio de La Cerámica "a unión que hai, a ambición que teñen, a ambición que temos os que levamos un ano e medio xuntos. Isto vai de sumar de 3".Cualifica o resultado como "unha vitoria importantísima fóra de ABANCA-RIAZOR, que non é nada doado".Con todo, o técnico deportivista advirte que "hai que mellorar en diferentes aspectos, pero estou moi contento pola vitoria e polo que vexo".Subliña que a partir do primeiro gol do Villarreal CF, que supuxo o 1-0, "fomos quen de atrevernos algo máis, de buscar onde estaba a superioridade e empurralos, porque son un equipo con moito talento arriba, pero por fóra podían sufrir. Establecémonos en campo contrario, atopamos o gol, pero na segunda parte afundímonos en exceso nalgúns momentos sen sufrir moito".Atribúeo a que "o Villarreal CF ponche moitísima xente por diante, empeza a afundirte, empeza a meter xente na última liña e non che queda outra que estar vivo dentro do partido. É algo que vimos facendo durante todo o tempo que levo en A Coruña e iso fala moi ben dos meus xogadores".Antonio Hidalgo lembra que en Primera División, os rivais "esíxenche moitísimo máis. Estamos competindo a un gran nivel, saíndo a xente do banco e vendo o que o equipo necesita en cada momento, sendo valentes. Temos talento e pegada, que é importante en Primera División, porque o rival créache moito perigo, métete na túa área e todo iso hai que compensalo dalgún xeito".Insiste en "demostrar onde estamos, onde competimos, a ilusión que hai detrás. E agora, unha vez que chegas a Primera División, ser quen de demostrar que podes seguir competindo contra os mellores".Admitiu que "foi un bo arranque. Xa temos unha boa cantidade de puntos, pero isto non para e hai que preparar xa o seguinte".

Real Club Deportivo de La Coruña