
CANTERA · 16 XULLO 2025
COLOMBIA, SEGUNDO RIVAL DE MICHI APÓSTOL NA COPA AMÉRICA
-Foto:@https://x.com/FemeninoFVFA xogadora do Dépor ABANCA B Michi Apóstol (na foto agachada e de amarelo a segunda xogadora empezando pola esquerda) e a súa selección, Venezuela, disputan a Copa América en Quito (Ecuador).Os rivais da futbolista branquiazul son Brasil, Colombia, Paraguai e Bolivia.Precisamente Colombia será a segunda rival da 'Vinotinto', este xoves 17 de xullo ás 19:00 (hora ecuatoriana), madrugada do xoves ao venres en Galicia.O primeiro encontro da atacante deportivista, unha das máximas goleadoras de Tercera Federación co Dépor ABANCA B, foi ante o potente Brasil.Michi Apóstol non tivo minutos nun partido que foi para as brasileiras por 2-0.O calendario de Michi Apóstol na Copa América, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Luns 14 de xulloBRASIL 2 - VENEZUELA 0Xoves 17 de xullo19:00 (2:00 do venres 18 hora galega): VENEZUELA - COLOMBIA, no Estadio Gonzalo PozoSábado 19 de xullo16:00 (23:00 hora galega): VENEZUELA - BOLIVIA, no Estadio Gonzalo PozoSábado 26 de xullo19:00 (2:00 do domingo 27 hora galega): PARAGUAI - VENEZUELA, no Estadio IDVOs dous primeiros de grupo pasan a semifinais e o 3º pelexará polo 5º postoMichi Apóstol é internacional en todas as categorías e ten contrato en vigor polo Dépor ABANCA até xuño de 2027.

Despois de visitar o Madrid CFF o sábado 31 de outubro, As No...

O Dépor Genuine, Torre SD e Real Avilés comparten unha xornad...

A RFEF adianta ás 13:00 horas o Fabril - CD Extremadura e fix...

Este venres 16 abre a OAD de 9:15 a 14:00 e os despachos de b...

Antonio Hidalgo advirte de que en LaLiga EA Sports "todo te p...

Os Nosos, que están «facendo as cousas ben», reciben este ven...