
DÉPOR · 6 FEBREIRO 2025
DENIS GENREAU: "CANDO ME DECATEI DO INTERESE DO DÉPOR PENSEI QUE ERA O MOMENTO ADECUADO PARA UN NOVO RETO"
Denis Genreau (21 de maio de 1999, París) foi presentado esta mañá como novo xogador do Dépor até 2027, con opción a unha temporada máis.Após posar para os medios gráficos coa súa nova camiseta acompañado por Fernando Soriano, pasouse pola sala de prensa.O Director de Fútbol do RC Deportivo definiuno como "un futbolista destro, un pivote que nos vai a dar capacidade de organización de xogo, dinamismo, calidade técnica e vainos a complementar eses momentos nos que podiamos ter algunha carencia. É unha opción máis para o míster nesa posición. Á parte de achegarnos no balón parado que coa saída de Lucas e a baixa de Escudero perdemos un pouco de eficacia".Lembrou que chega a ABANCA-RIAZOR "coa carta de liberdade" e deixou paso ás preguntas dos medios ao futbolista.Denis Genreau afirma que "me quedaban 6 meses de contrato no Toulouse FC. Tiña opción de ampliar ou iniciar unha nova aventura. Para min leste era o momento idóneo para un novo reto. Cando me decatei do interese do Dépor pensei que era o momento adecuado para un novo reto na miña carreira, unha aventura emocionante. O fútbol español é un fútbol que sempre quixen probar entón estou moi emocionado de poder estar aquí".Desvela que "houbo moitos xogadores que viñan de España cos que xoguei anteriormente e preguntáballes pola liga española. Polo que lles escoitaba é un fútbol bonito pero unha competición moi difícil LaLiga Hypermotion".O novo centrocampista branquiazul asegura que "todo o mundo no Club axudoume a adaptarme: xogadores, staff, traballadores do Club... Ser parte do grupo a semana pasada e gañar fíxome ver como funcionan as cousas".Confesa que xa falou con Óscar Gilsanz: "Sabe o que pode esperar de min e o que podo dar ao equipo".

Genreau indica que está preparado para xogar xa o domingo 9 de febreiro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion) contra a UD Almería en ABANCA-RIAZOR: "Estou en forma, preparado para xogar os 90 minutos e con moitas ganas de poder axudar ao equipo".Defínese como un futbolista "dinámico, podo axudar á construción do xogo, incluso esa asistencia do gol, sacar os córneres..."De feito, explica sobre a súa posición no campo que "os últimos anos no Toulouse FC xogamos con varios sistemas. O ano pasado con 5 defensas e 2 mediocampistas. Logo un 4-3-3 no que un dos 3 era un líbero e eu era un dos que xogaba por diante. Xoguei por banda esquerda, por banda dereita e onde sinto máis cómodo é con 2 medioscentros e eu ser un deses mediocentros".Finalmente, a poucos días de pisar ABANCA-RIAZOR, Genreau recalca que "o primeiro día Fernando Soriano levoume pola noite a velo. Escuro pareceume moi bonito. Pódome imaxinar como ten que ser cando está cheo durante un partido. Estou emocionado por xogar en ABANCA-RIAZOR e espero poder deixar bos recordos en #ANOSAFORZA".

Diego Villares renova polo Dépor ata 2028

Monforte súmase aos DéporCampus por décimo ano

Empate de Uruguai, con Espe Pizarro no once inicial, ante Ven...

O Deportivo reforza o seu proxecto en Primera División con Ol...

Inês Pereira, a pesar de caer en Finlandia, ascende con Portu...

Damián Canedo seguirá de branquiazul até 2028