
DÉPOR ABANCA · 17 OUTUBRO 2026
O DÉPOR ABANCA MÍDESE Á SD EIBAR ESTE DOMINGO 16 EN IPURÚA CON "DETALLES MELLOR PULIDOS" TRAS O PARÓN LIGUEIRO
O Dépor ABANCA retoma a competición coa visita á SD Eibar deste domingo 18 de outubro ás 16:00 en Ipurúa.As Nosas, con 5 puntos, ocupan a 14ª posición.Alberto Rodríguez explica que "este tempo de parón serviunos para traballar situacións de xogo nas que no día a día quizais te podes deter menos porque o plan de partido che ocupa moito tempo".Lembra que "no fútbol, sobre todo no de máximo rendemento, hai que dominar as áreas. Este parón serviunos para revisar todo o volume de partidos, situacións de xogo que se foron repetindo, que nos xeraban problemas, e traballalas con calma a semana anterior".Por conseguinte, cre que o Dépor ABANCA chega a Eibar "con eses detalles mellor pulidos. Cos matices do Eibar, esperamos ter máis controladas as situacións de perda e de recuperación para levar o xogo ao noso terreo".Ademais, ve as súas futbolistas "con ganas, sabendo que imos ter un partido complexo, pero con ganas de competir".O equipo recupera as internacionais que tiveron partidos coas súas seleccións: Inês Pereira, Michi Apóstol, Daniela Caracas e Sofía Domínguez, que se adestraron este venres por primeira vez co grupo."Chegan cansas, loxicamente. Imos ver como evolucionan de cara ao partido", advertiu o preparador deportivista.É baixa Tarazona, que "está avanzando nesa fase previa ao campo, facendo algún traballo de portería aínda que con algunhas limitacións", e hai "algunha futbolista con dúbidas", confesou o adestrador do Dépor ABANCA.Pola súa banda, a SD Eibar, que na última xornada empatou (0-0) en Granada, suma 11 puntos e ocupa unha privilexiada 5ª posición.En Ipurúa esta temporada o conxunto armero impúxose ao RCD Espanyol (1-0) e ao Athletic Club (1-0); e caeu (1-4) ante o FC Badalona Women.O seu técnico, Iñaki Goikoetxea, afirma que "o camiño está a ser bo. Estamos moi sólidas", en referencia a que actualmente é o equipo menos goleado da categoría, con 4 tantos encaixados, só superado polo todopoderoso FC Barcelona, con 2 recibidos.Do Dépor ABANCA cre que "é un equipo que xoga moi ben, con xente moi boa arriba, xente rápida e con bo pé".As Nosas completaron este sábado un último adestramento no Dépor Training Center antes de emprender a viaxe ao País Vasco con esta folla de ruta:Sábado 17 de outubro12:00: Saída do autocar19:15 (horario aproximado): Chegada ao Hotel Sukha, na localidade guipuscoana de EskoriatzaDomingo 18 de outubro16:00: SD Eibar - Deportivo ABANCA, en IpurúaAo rematar, regreso en autocar á CoruñaAs Nosas volverán adestrarse o luns 19 de outubro ás 12:00 no Dépor Training Center.

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

O Dépor, xa desde este sábado 17 «a seguir traballando. Queda...

Diego Villares: "Dános a impresión de que se nos escapan dous...

Antonio Hidalgo: "Facemos moitas cousas ben, pero os nosos pr...

Manuel Pablo pide en Lugo «estar implicados ao máximo, estar ...

Alberto Rodríguez pide ir a Eibar "coa máxima humildade pero ...