RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Diego Villares: "Dános a impresión de que se nos escapan dous puntiños nese treito final que a todos nos doe"

DÉPOR · 17 OUTUBRO 2026

DIEGO VILLARES: "DÁNOS A IMPRESIÓN DE QUE SE NOS ESCAPAN DOUS PUNTIÑOS NESE TREITO FINAL QUE A TODOS NOS DOE"

Diego Villares pasou pola sala de prensa de ABANCA-RIAZOR ao remate do encontro ante o Levante UD.O capitán deportivista confesa que marcha cunha sensación «fodida porque temos a impresión de que se nos escapan dous puntiños nese treito final, algo que nos doe a todos porque queriamos volver á casa coa vitoria».Lembra que «isto é Primera División, cada erro penalízate. Temos que seguir traballando, seguir afinando para os seguintes partidos e conseguir que nos caia de cara, que sexamos nós os que lle fagamos dano ao rival neses erros».Da ocasión que tivo con Asp Jensen no minuto 88 e que puido supoñer o 2-1, sinala «non ter alma de dianteiro. Como saín aos tombos, tampouco sabía onde estaba situado nin se alguén viña pola miña dereita. Foi aí cando decidín dar o pase. Igual tiña que tirar eu. Nunca o saberemos».

Real Club Deportivo de A Coruña