RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Michi Apóstol recibe por primeira vez o Premio Estrella Galicia á mellor xogadora do mes no Dépor ABANCA

DÉPOR ABANCA · 17 OUTUBRO 2026

MICHI APÓSTOL RECIBE POR PRIMEIRA VEZ O PREMIO ESTRELLA GALICIA Á MELLOR XOGADORA DO MES NO DÉPOR ABANCA

Floriangel Mitchell Apóstol Argüelles (Lara, Venezuela, 7 de setembro de 2005), coñecida futbolisticamente como Michi Apóstol, recibiu este venres 16 de outubro por primeira vez desde a súa chegada á Coruña o Premio Estrella Galicia á mellor xogadora do Dépor ABANCA no mes de setembro.A internacional venezolana foi elixida polas súas actuacións nos partidos de liga ante o UD Costa Adeje Tenerife, Real Madrid CF, Granada CF e RCD Espanyol.A terna de finalistas elixidas polos medios de comunicación que cobren a diario a información do Dépor ABANCA estivo formada por Millene, Michi Apóstol e Lucía Pardo.Nas votacións finais a cargo de #ANOSAFORZA a través das redes sociais do Club, Michi Apóstol impúxose co 46%, fronte ao 41% de Millene e ao 13% de Lucía Pardo.Michi Apóstol confesa que "non mo esperaba porque, obviamente, Millene tamén fixo un bo mes. Estou moi contenta polo que lle acheguei ao equipo e quero seguir achegando. E moi agradecida ás persoas que me elixiron e que me votaron".A atacante deportivista asegura que esta temporada se sente "moi ben mentalmente, fisicamente. E esa foi a clave. Estou moi feliz e contenta pola oportunidade que me deu o míster".Márcase como obxectivo este curso "achegar o que poida ao equipo e mantelo o máis arriba posible na táboa".

Real Club Deportivo de A Coruña