RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Manuel Pablo pide en Lugo «estar implicados ao máximo, estar activados ao máximo»

DÉPOR FABRIL · 17 OUTUBRO 2026

MANUEL PABLO PIDE EN LUGO «ESTAR IMPLICADOS AO MÁXIMO, ESTAR ACTIVADOS AO MÁXIMO»

Manuel Pablo afirmou este venres 16 de outubro na sala de prensa do Dépor Training Center que a Primera Federación "é moi igualada. Queda moito. Loxicamente, se non sacas resultados positivos, a preocupación pode chegar, pero onde máis nos temos que centrar é en competir como o outro día (ante o Racing de Ferrol)".Nesta liña, o técnico fabrilista cre que ante os ferroláns "demos un paso adiante, pero hai que mantelo. É o que temos que ofrecer ante o CD Lugo".Sobre o CD Lugo, rival este sábado 17 de outubro ás 16:30 (TVG) no Anxo Carro, Manuel Pablo indicou que "é un equipo moi sólido. Só levan 4 goles encaixados, 2 a balón parado. Sabe defender moi forte, pero pódeselles facer dano".Pide manter o nivel amosado ante o Racing de Ferrol "para poder competir contra eles. Se non estamos a ese nivel, eles son moi sólidos, teñen moita calidade arriba".Finalmente, Manuel Pablo insiste en "estar implicados ao máximo, estar activados ao máximo e competir como o outro día".

Real Club Deportivo de A Coruña