RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA suma un punto no Heliodoro Rodríguez López tras un partido "moi táctico" ante o UD Costa Adeje Tenerife

DÉPOR ABANCA · 6 SETEMBRO 2026

O DÉPOR ABANCA SUMA UN PUNTO NO HELIODORO RODRÍGUEZ LÓPEZ TRAS UN PARTIDO "MOI TÁCTICO" ANTE O UD COSTA ADEJE TENERIFE

O Dépor ABANCA empatou (0-0) este domingo 6 de setembro co UD Costa Adeje Tenerife no partido correspondente á 2ª xornada de Liga F disputado no Heliodoro Rodríguez López.Con este resultado, As Nosas suman o seu primeiro punto nesta súa 3ª temporada consecutiva na máxima categoría do fútbol feminino español.Alberto Rodríguez, na sala de prensa, manifestou que o partido foi "moi táctico, de ir atopando situacións de xogadora libre ao longo do partido".Perderon o encontro por lesión Merle Barth, que esta pasada semana xa se reincorporou ao traballo de grupo tras superar as súas molestias na planta do pé; e Eva Alonso, cunha escordadura do complexo lateral externo do seu nocello esquerdo.Ademais, Marisa e Ainoa Gómez comezan este luns 7 de setembro con España o Campionato do Mundo sub-20.Karla foi a representante de ANOSACANTEIRA, que ademais debutou na recta final en Liga F ao saltar ao céspede en substitución de Lucía Pardo.A primeira parte foi moi igualada, con escasas opcións nunha e noutra portería.Quizais a máis clara foi un dobre remate de Pola que obrigou a traballar á zaga deportivista.Con igualdade en todas as facetas do xogo e no marcador chegouse ao descanso.Tras o paso polos vestiarios, "saímos ben despois dos axustes", subliñou o técnico deportivista.De feito, a primeira ocasión desta segunda metade foi un disparo raso de Lucía Pardo que Noelia Ramos desviou a córner con moitos apuros.A propia Noelia Ramos quitoulle un balón no último instante a Millene. A dianteira deportivista quedaría soa, sen porteira, para rematar.Nos últimos minutos do encontro, Castyñeiras foi expulsada por dobre amarela, co que o Dépor ABANCA quedaba con 10 futbolistas."Na parte final o UD Costa Adeje Tenerife estaba empezando a apertar e xusto quedamos con 10. Así que tocou sufrir, esforzarse moito", declarou o preparador blanquiazul.Ao final chegouse cun empate sen goles no marcador."É un bo punto, que valoramos moito. Por suposto, estamos moi contentas", concluíu Alberto Rodríguez.UD Costa Adeje Tenerife: Noelia Ramos, Cinta, Mingueza (Salazar, min. 72), Padilla, Aleksandra, Henar, Quiles, Iratxe (Aithiara, min. 60), Elba, Martí (Koko Ange, min. 72) e PolaDeportivo ABANCA: Tarazona, Caracas, Ranera, Castyñeiras, Vega (Paula Novo, min. 86), Redru, Paula Hernández (Sofía Domínguez, min. 78), Olaya, Michi Apóstol (Millene, min. 61), Lucía Pardo (Karla, min. 86) e Espe Pizarro (Monteagudo, min. 78)Árbitra: Ainara Acevedo, do comité catalán. Amoestou a Pola (min. 38), Cinta (min. 50), Vega (min. 43) e Millene (min. 90). Expulsou por dobre amarela (minutos 28 e 83) a CastyñeirasIncidencias: partido disputado no Heliodoro Rodríguez López