RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA visita este domingo 6 ás 12:45 ao UD Costa Adeje Tenerife tendo «claro o que nos podemos atopar»

DÉPOR ABANCA · 5 SETEMBRO 2026

O DÉPOR ABANCA VISITA ESTE DOMINGO 6 ÁS 12:45 AO UD COSTA ADEJE TENERIFE TENDO «CLARO O QUE NOS PODEMOS ATOPAR»

O Dépor ABANCA mídese este domingo 6 de setembro (12:45 hora galega, 11:45 hora local) ao UD Costa Adeje Tenerife nun partido correspondente á 2ª xornada de Liga F.O encontro disputarase no Estadio Heliodoro Rodríguez López e será televisado en directo por Dazn, Teledeporte e RTVE Play.O equipo partiu a primeira hora da mañá deste sábado 5 e xa se adestrou este mediodía en Tenerife."Tivemos días para preparar o partido, unha semana longa", advertiu Alberto Rodríguez na sala de prensa.O técnico deportivista asegura que "axustamos situacións de partido do Sevilla FC", en referencia ao primeiro encontro desta temporada en Liga F, que rematou en ABANCA-RIAZOR cun 0-1 a favor das andaluzas.Explica que ao UD Costa Adeje Tenerife "ten unha idea clara de xogo, cunha liña de 5. Entón temos claro o que podemos atopar".Insiste en que As Nosas están "con ganas de que chegue xa o partido e poder sumar puntos nesta temporada".Son baixa para o encontro Marisa e Ainoa Gómez, que este luns 7 comezan con España o Campeonato del Mundo sub-20.Si estará na convocatoria Millene, que non puido participar ante o Sevilla FC por unhas molestias: "Adestrouse con normalidade durante a semana. Así que é unha xogadora máis para que eu poida elixir na convocatoria. Como cadro de xogadoras estamos listas para o domingo".Con todo, o preparador branquiazul admite que "hai xogadoras entre algodóns. Eva Alonso é unha delas. Estamos á espera dun parte médico para ver o que nos pode dicir. E, por outra banda, Merle Barth, que arrastraba esas molestias no pé do ano pasado, reincorporouse esta semana ao grupo. Estamos sumando efectivos para que o cadro de xogadoras poida competir mellor durante a semana, e iso nos permita afrontar os partidos da mellor maneira".Pola súa banda, o UD Costa Adeje Tenerife comezou a liga cunha lóxica derrota por 5-0 ante o FC Barcelona.O seu técnico, Yerai Martín, afirmou en rolda de prensa que "a semana está sendo boa, o traballo está sendo bo. O equipo ten moitas ganas e moita ilusión por abrir a temporada no estadio, coa nosa xente e contra o Dépor".Sinala que "temos que conseguir os primeiros 3 puntos e para iso estamos traballando. E para conseguilo, a solidez é o primeiro pasiño. Se estamos sólidas, defensivamente ordenadas e non lle concedemos ocasións ao rival, teremos dado un paso importante en todos os partidos para estar preto dun resultado positivo".Finalizado o encontro, As Nosas emprenden a viaxe de regreso á Coruña con esta folla de ruta:19:45 (hora local): Saída do voo do Aeroporto de Tenerife Norte23:25: Chegada a Galicia e traslado á CoruñaO próximo adestramento do Dépor ABANCA está fixado para o martes 8 de setembro ás 11:00 no Dépor Training Center.