RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor retoma os adestramentos con 7 canteiráns e co amigable ante o FC Porto no horizonte

DÉPOR · 30 SETEMBRO 2026

O DÉPOR RETOMA OS ADESTRAMENTOS CON 7 CANTEIRÁNS E CO AMIGABLE ANTE O FC PORTO NO HORIZONTE

O Dépor regresou este mércores 30 de setembro aos adestramentos no Dépor Training Center coa presenza de 7 canteiráns e co amigable deste venres 2 de outubro ás 19:00 (YouTube RC Deportivo) ante o FC Porto no horizonte.Así, a Kevin Sánchez uníronselle Noé, Quique Teijo e Álvaro Fraga; ademais dos debutantes Yayo, Ferrán Seco e Íker Gil.Realizaron adestramento personalizado Aubameyang, Amatucci, Ximo Navarro, Altimira, Riki e Luismi Cruz.Así mesmo, Zakaria Eddahchouri e Marc Casadó gardan repouso deportivo, mentres que Lucas Noubi, Nsongo Bil, José María Giménez e Bright Ede continúan coas súas seleccións nacionais.

hidalgo0930.jpg

O corpo técnico dispuxo, tras unha activación, unha roda de pases e traballo táctico orientado ao partido.Este xoves 1 de outubro Os Nosos adestran de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30.

  • yayo0930.jpg
  • ferllo0930.jpg
  • alvarofraga0930.jpg
  • noe0930.jpg
  • depor0930.jpg