
DÉPOR · 18 AGOSTO 2026
O DÉPOR SUMA UN PUNTO ANTE O ELCHE CF NO SEU REGRESO A LALIGA EA SPORTS
Oito anos despois, ABANCA-RIAZOR volveu abrir as súas portas para recibir un partido da máxima categoría, neste caso co Elche CF como rival.O encontro rematou en táboas (1-1), co que o Dépor suma o seu primeiro punto en LaLiga EA Sports."Isto vai de sumar, o primeiro punto do ano coa dificultade que teñen todos os partidos; ante un equipo que ten moita posesión. Nese estrés temos que saber vivir".Foi baixa Yeremay, que segue co seu proceso de regreso progresivo á competición.Antonio Hidalgo deu entrada no once a Altimira e Asp Jensen, recuperados das molestias que os tiveron á marxe durante boa parte da pretemporada.No equipo titular branquiazul, ata 7 deportivistas debutaban na categoría: Lucas Noubi, Bright Ede, Quagliata, Amatucci, Mario Soriano, Asp Jensen e Bil.O Elche CF apropiouse do balón nos primeiros minutos.Aos 9 minutos, Leo Román salva co seu corpo un remate a queima roupa de Ali Houary na área pequena tras un saque de esquina.Dominaban os ilicitanos pero golpeou o Dépor. Aos 20 minutos, Amatucci mete un balón longo a Aubameyang, que cruza o esférico ante Dituro logrando o primeiro gol do partido.Pouco antes, Bil estivo a piques de inaugurar o marcador. O canteirán recolleu fóra da área un mal pase do porteiro do Elche CF e o seu disparo sálvao nunha gran parada Dituro.Co 1-0 chegouse ao descanso.Tras o paso polos vestiarios a primeira ocasión foi para Asp Jensen nunha acción individual pola banda esquerda que rematou cun disparo que se marchou rozando o pau esquerdo.Apretou o Elche CF na procura do empate. "Faltounos algo de frescura a partir de aí", recoñeceu o técnico deportivista.Leo Román evita a igualada no minuto 57 a disparo de Fer Niño primeiro e de Gonzalo Villar a continuación. A bancada aclamou a gran intervención do gardameta deportivista."Comezaron a meternos no noso campo e custounos", subliñou o adestrador branquiazul.Aguado pon as táboas no marcador no minuto 75 ao cabecear á rede un centro desde a banda dereita. Esta vez Leo Román nada puido facer.Non houbo tempo para máis e o encontro rematou en empate (1-1).Deportivo: Leo Román, Ximo Navarro, Lucas Noubi, Bright Ede, Quagliata, Amatucci, Mario Soriano (Luismi Cruz, min. 70), Altimira (Mella, min. 70), Asp Jensen (Villares, min. 60), Bil (Eddahchouri, min. 60) e Aubameyang (Kevin, min. 84)Elche CF: Dituro, Sangare, Redondo (Tete, min. 60), Aguado, Germán (Padilla, min. 81), Gonzalo Villar, Fer Niño (Umaru, min. 69), Neto (Cepeda, min. 60), Affengruber, Víctor Chust e Ali Houary (Morcillo, min. 81)Árbitro: Francisco José Hernández, do comité estremeño. Amonestou a Ximo Navarro (min. 26), Amatucci (min. 45+1), Gonzalo Villar (min. 68) e Umaru (min. 88)Goles: 1-0 Aubameyang (min. 21); 1-1 Aguado (min. 75)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 29.038 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria dos falecidos no terremoto de Colombia

Ximo Navarro cre que "co paso dos partidos estaremos mellor"

Antonio Hidalgo admite que "esa falta de frescura penalizouno...

Lucía Pardo: "Demostramos a fame que temos, as ganas, a ilusi...

O RC Deportivo sorteará entre os seus abonados as entradas pa...

O Dépor ABANCA entra na recta final da pretemporada

Derrota pola mínima ante o Real Madrid CF dun Dépor ABANCA "c...